Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Juan de Selia, e punto

Juan de Selia, e punto
O susto do desplome do atacante do Louro eclipsou o que debería ter sido deportivamente a xornada do q vai de curso; afortunadamente, tódalas novas apuntan a que quedou precisamente niso, nun susto Xogadores de Fisterra e Dumbría posan cun cartel de apoio aos traballadores de Ferroatlántica - Foto: SD FIsterra Xogadores de Fisterra e Dumbría posan cun cartel de apoio aos traballadores de Ferroatlántica - Foto: SD FIsterra Deberían ser estas horas as da tertulia posterior a unha xornada deportiva antolóxica na Costa da Morte, cun derbi colosal por categoría e moitas cousas en xogo. Sen embargo, o fútbol a veces encárgase de restarse importancia a si mesmo e de reconducir miradas e perspectivas. Esta semana ten xa un só nome, que é o do dianteiro da Unión Deportiva Monte Louro Juan de Selia (17 anos). Afortunadamente, protagonizou o susto da xornada, e quedou só niso, nun susto, grazas á rápida e acertada combinación de factores e protagonistas. Estaba a piques de comezar o derbi entre muradáns e Esteirana cando Juan convulsionou e desplomouse sobre o céspede de Agra de Filgueira, ante a mirada de pánico dunha grada repleta. Precisamente, na mesma se atopaban tanto o directivo local Vicente coma o profesional sanitario Ramón da Ambulancia, chave tamén hai sete anos á hora de salvarlle a vida a un seareiro do Muros en Corme, durante a desputa da final da Copa da Costa Xuvenil. Eles foron os encargados de aplicarlle os fundamentais primeiros axulios. Posteriormente, chegaría o equipo médico (en taxi, debido á previsible tardanza da ambulacia). Juan atópase nestes momentos en observación no CHUS de Santiago de Compostela, e as primeiras impresións apuntan a un posible cadro epiléptico, a pesares de que nunca presentara síntomas do mesmo. Por outra banda, a familia da UD Monte Louro quixo agradecer públicamente as rápidas mostras de cariño e apoio do balompé da zona. Xa cun balón de por medio, o foco estaba en Ara Solis, para o derbi entre o Fisterra e o Dumbría. O líder levou o primeiro duelo entre ambos nunha década, pero sobre todo gañou o civismo, e unha irmandade local que tivo o seu intre emotivo na defensa común, previa ao inicio do choque, dos traballadores afectados polo conflicto de Ferroatlántica. Un milleiro de seareiros nas bancadas resultou un milleiro de motivos para mirar con optimismo ao futuro no que a educación deportiva se refire. Algo semellante pasou no Cairo, na Liga da Costa e no outro derbi da semana, onde tamén se impuso o líder, nun partido de máis alternativas e espectáculo. Do resto da xornada resultaron para esquecer a Preferente e a Primeira, con pleno de derrotas dos representantes costeiros (evidentemente agás o partido de Fisterra). Na Liga da Costa o man a man semella cada vez máis evidente, mentres que na Terceira Galega o Volantes enlazou por primeira vez nun ano dúas vitorias seguidas e o Muxía voltou á senda do triunfo. Pero de novo o foco único ten un nome e un mote: Juan de Selia.  

PreferenteNorte, xornada 13

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 11

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 11

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 10

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 6

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 10

LigaGalega Cadete, xornada 10

1ªCadete, xornada 7

LigaGalega Infantil, xornada 9

1ªInfantil, xornada 9

LigaAlevínSur, xornada 5

LigaBenxamínSur, xornada 5

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios