mércores. 30.04.2025
El tiempo

Lema Suárez e Chema Rei repasarán a historia dos SD Coristanco, Erbecedo, Agualada, Alcaián e Seavia

Lema Suárez e Chema Rei repasarán a historia dos SD Coristanco, Erbecedo, Agualada, Alcaián e Seavia
Historia do Futbol da Costa en Coristanco
O vindeiro venres día 11, ás 9 da noite, na Casa da Cultura, terá lugar a presentación do libro 50 anos de fútbol na Costa, de Xosé María Rei e Xosé María Lema. O acto será conducido polo coristanqués José Antonio Moreira, ex xogador do SD Coristanco e adestrador en diferentes equipos, unha persoa con moito que dicir no mundo do fútbol. E, por suposto, contará coa presenza dos seus dous autores e con varios representantes municipais.
Ao acto acudirán representantes dos equipos de fútbol coristnaqueses que están ou estiveron na Liga da Costa: SD Coristanco, Erbecedo, A Agualada, o Alcaián e o Seavia, e que aparecen nas páxinas do libro. Todos estes equipos serán agasallados con un exemplar da obra presentada por parte do Concello.
A pretensión deste acto, organizado pola Concellaría de Cultura, Educación e Turismo e a Concellaría de Xuventude e Deportes, é simplemente a de lembrar o que os equipos de Coristanco dixeron e din neste deporte, o pasado recente destes equipos, a situación actual así como as perspectivas de futuro.  Para contribuír a isto, organizouse unha pequena exposición con fotografías  dos equipos do concello, de diferentes tempadas, que estará exposta na planta baixa da Casa da Cultura durante todo o mes de marzo. Entre estas fotografías, destacan as máis antigas do Coristanco, de bastantes anos anos da súa federación como SD (1980), e as de dous mozos que anos despois terían un lugar destacado no fútbol da zona: Moreira e Juan José Vila.
Espazo tamén para o futuro do fútbol coristanqués así como para as figuras que deu este deporte e que levan o nome de Coristanco polo mundo, como Rubén Martínez ou a xove promesa Angeliño.
Sen dúbida, un acto que promete ser ameno e que, de seguro, fará que as persoas asistentes lembren as anécdotas e vivencias do futbol do noso concello.

Novas relacionadas

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios