Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Liga da Costa: Como pasar de aspirante a campión nunha semana

Liga da Costa: Como pasar de aspirante a campión nunha semana
Un novo pinchazo do Corme deixa ao Baio a unha soa vitoria de levar a Liga da Costa, só tres semanas despois de estar a rebufo dos 'percebeiros'; de feito, o San Lorenzo é agora segundo clasificado Xurxo, meta do Ponteceso e 'dobre' de Memo Ochoa do Granada, sae para achicar un balón ante o Cerqueda - Foto: SD Ponteceso Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Mazaricos 2-0 Baíñas Campo: Peña do Ouro Mazaricos: Ángel, Xabi (Esteban m.56), Estéfano, Matías, Martín (Chico m.90), Pereiro, David, Ricardo (Maneiro m.80), Chenel (Raúl m.87), Brais (Oreiro m.52) e Molinos Baíñas: Maikel, Tantán, Héctor, Braulio, Damián (Roly m.58), Felipe, Canay, Chento, David Blanco (Abraham m.80), Oreiro (Pablo Muíño m.46) e Samuel (Víctor Agulleiro m.46) Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Amonestou a Roly do Baíñas Goles: 1-0 m.7 Chenel; 2-0 m.36 Chenel O credo da fe Dous goles de Chenel auparon ao Mazaricos a un estadio superior na Liga da Costa, na que agora mesmo depende de si mesmo para ser segundo (ten que medirse ao San Lorenzo). O cadro amarelo superou sen demasiados problemas a un Baíñas cos deberes feitos e que non tivo a pegada doutras ocasións. O dianteiro máis determinante dos locais resolveu ao inicio e o final do primeiro tempo, en dúas accións de home de área habituais nel. No intervalo entre ambos, ben pudo ter aumentado a renta dos de Néstor Romero, que controlaron sen problemas. Melloraron na reanudación os vimianceses, que terían a opcións máis clara nun tiro de Víctor Agulleiro repelido polo pau, e que no rexeite Felipe non acertou a mandar entre os tres paus. David e Molinos tiveron nas súas botas o terceiro. Laxe 0-8 San Lorenzo Campo: Cabo D'Area Laxe: Jacobo, Martín (Miguel Varela m.55), Bras, Pablo, Gora, Aarón, Borja, Santi (Bieito m.61), Aless (Carrabete m.24), Pedro (Felipe m.51) e Simón (Saleta m.51) San Lorenzo: Javi Souto (Puyol m.61), Rubén Varela, Juanjo (Dani Pena m.61), Álex Taibo, Adrián Varela (Ángel m.61), Diego Varela, Mario, Parafita, Juni, Fuentefría e Kevin Árbitro: Juncal García (A Coruña). Goles: 0-1 m.2 Mario; 0-2 m.23 Diego Varela; 0-3 m.25 Juni; 0-4 m.51 Fuentefría; 0-5 m.54 Fuentefría; 0-6 m.56 Diego Varela; 0-7 m.71 Ángel, de penalti; 0-8 m.85 Ángel En universos diferentes Goleada sen historia e de resultado algo cruel no enfrontamento entre Laxe e San Lorenzo, dous equipos que non parecen da mesma competición, pero que de momento si o son. Os locais, xa descendidos, levaron un madrugador mazazo en forma de gol de Mario, de libre directo, nada máis comezar o choque. O ritmo da tarde foi máis propio dun amigable de verán que dunha cita oficial, cos visitantes xogándose a promoción de ascenso. A maioría dos tantos levaron unha factura semellante, con combinacións que lle permitiron ao San Lorenzo chegar ata prácticamente o área pequena e resolver ante Jacobo. Cerqueda 2-1 Ponteceso O Cerqueda celebrou seguir un ano máis na Liga da Costa - Foto: UD Cerqueda Campo: Xaviña (Buño) Cerqueda: Diego, Sergio (Juanjo m.84), Uru, David, Dani, Javi Pazos (Jonás m.74), Atu , Michel, Eloy , Lorenzo e Iván Ponteceso: Xurxo, Charly, Matías, Dani Cotelo, Javi Peón, Yago (Iván Rodriguez min.50), Nando, Puente (Luca min.78), Dieguito, Mara (Loureiro min.64) e Charro (Manu min.78) Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Mato do Cerqueda; Xurxo e Matías do Ponteceso Goles: 1-0 m.2 Míchel; 1-1 m.28 Charro; 2-1 m.90 Eloy De principio a fin Un gol case no prólogo e outro no epílogo déronlle os tres puntos ao Cerqueda nun intrascendente derbi co Ponteceso. Os do Raúl Periscal tiveron máis tino e manexaron mellor os tempos, ante un rival no que a mellor nova foi o concurso dun futbolista Cadete e tres xuvenís. Case sen tempo para que se prantexase nada, Míchel executou unha falta na que colleu mal colocado a Xurxo e abreu o marcador. A posesión visitante era estéril en gran medida pola boa presión dun Cerqueda que cando recuperaba era perigoso. Resaciríase o meta visitante ata en dúas ocasións, mentres que unha boa acción persoal de Charro, finalizada con disparo cruzado, equilibraba de novo o marcador. Non variou demasiado o panorama nunha reanudación de novo co balón dominado polo Ponteceso e un cadro local moi ben prantado. Mara, Charro e Dieguito terían diversas tentativas frustradas. Decidiríase a tarde no tempo de prolongación, nun mal despexe de Xurxo controlado por Eloy case no medio do campo e resolto cun lanzamento perfecto que deixou tres puntos máis para o mellor curso na historia do Cerqueda. Porteño 4-1 Malpica Campo: A Grixa Porteño: Jimmy do Cairo, Pejo (Porto m.61), Piti, Quilmes, Mario Toja (Cousillas m.57), Marcos, Chavín (Wii m.72), Isma (Adrián m.82), Manuel, Roi e Rodri Malpica: Brais (Lamas m.80), Rubén, Pensado, Mario, Alberto, Isma, Laye, Eloy, Álex Márquez (Casáis m.75), Leilán e Cristian (Pablo m.70) Árbitro: Juncal García (A Coruña). Amonestou a Piti do Porteño; Isma, Casáis, Rubén e Mario Casal do Malpica Goles: 1-0 m.12 Chavín; 1-1 m.29 Álex Márquez; 2-1 m.60 Chavín; 3-1 m.67 Chavín; 4-1 m.90 Porto Prórroga de vida Mantense a flote o soño do Porteño de manter un ano máis a categoría, despois de superar na Grixa a un Malpica que non se xogaba nada, pero que atravesaba o seu mellor momento do curso. Os bergantiñáns competiron máis que correctamente, ante un cadro local no que a diferencia respecto a tardes anteriores marcouno o acerto de cara ao marco rival. Tivo unha saída máis que positiva o Porteño, recuperando con certa facilidade, presionando e combinando ben. Nunha acción de presión Isma cedeu para Quilmes e o pulmón vimiancés asistiu para que Chavín inaugurase a conta persoal e a do equipo. Igualou o Malpica á media hora, tras un bo control de Álex Márquez á saída dun córner. Pero tódolos factores parecían indicar que a sorte por fin lle acompañaría ao máis necesitado dos dous. E iso que Mario Toja estrelou unha falta na madeira. Xa no segundo acto, Roi exerceu de asistente para o segundo de Chavín, mentres que o mesmo protagonista compretou o hat trick persoal en forma de carambola, tras un remate de Isma. Na prolongación Porto fixo o cuarto para un Porteño que pode que teña reaccionado algo tarde. Corcubión 1-5 Baio Felicidade no Baio - Foto: CD Baio Campo: Cubaleiro Corcubión: Beto, Mario, Sbeas, Roi (Tito m.70), Lema, Rama, Toja, Samu (Nes m.60), Gabri, Adrián (Jose m.55) e Pablo Baio: Diego (Recarey m.85), Isaac, Norberto, Yago (Porto m.72), Luis, Fachal, Martín (Mario m.71), Rubio, Bieito, Javi Suárez (Peke m.84) e Martín MC Árbitro: Sabio Sánchez (A Coruña). Amonestou Adrián, Tito, Mario; MC e Yago do Baio Goles: 1-0 m.11 Roi; 1-1 m.51 MC; 1-2 m.53 MC; 1-3 m.70 Martín; 1-4 m.84 Javi Suárez; 1-5 m.90 Santi Díaz O susto que todo campión ten que levar Un triunfo réstalle ao Club Deportivo Baio para proclamarse vencedor da Liga da Costa, pero para aproveitar o pinchazo do Corme e quedar aínda máis en solitario no alto da táboa tivo que sufrir e moito na súa visita a Corcubión. E non porque o cadro local, que estaba a xogarse a salvación, apretase demasiado, senón máis ben por unha falta de puntería que a moitos houbera terminado por desesperar. Yago, con paradón de Beto, MC e Bieito dispuxeron de tres clarísimas nos dez primeiros minutos (Toja replicara por parte local cun remate envenenado). Sen embargo, sería Roi, tras prantarse ante Diego, o que inaugaría o marcador e daría alas para resistir a unha moi digna UD. O carrusel de oportunidades foi cada vez máis machacón ata o intermedio, co capitán Martín rematando ata en tres ocasións en posición franca, e Javi Suárez e MC perdoando mans a mans que noutras ocasións terían aberto unha goleada. Pareceu mudar de opinión a Fortuna nunha segunda parte na que Martín avisaría puco antes de que, en oitro minutos, MC voltease o resultado con dous bos tantos. Variou totalmente o panorama para o líder, moito máis tranquilo e liberado desde entonces, e que mantivo a súa capacidade para xerar perigo. Cun gran disparo, o capitán visitante por fin atoparía o camiño do gol. na sexta tentativa. O carrusel de trocos freou en certo modo o ritmo da cita e non sería ata os intres finais cando Javi Suárez e Santi Díaz compretasen unha goleada que, ao intermedio, parecía impensable polos designios da sorte.
Corme 2-3 Esteirana Campo: O Cairo Corme: Susiño, Brais Torrado (Sergio m.57), Dani (Martín m.57), Pandi, Alejandro, Eloy, Diego, Adrián Doldán (Jose m.71), Alejo, Lucas e Brais Esteirana: Ponte, Codesido, Dani Rama (Eloy Serrano m.64), Pachín, Álex, Xián, Adrián, Josiño Barreiro (Campos m.90), Estévez e Róber Pladur Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Amonestou a Dani Rama, Róber Pladur e Josiño da Esteirana Goles: 0-1 m.48 Estévez; 1-1 m.66 Alejo; 1-2 m.68 Róber Pladur; 1-3 m.77 Josiño; 2-3 m.83 Jose Unha mala resaca Parece sumido non mar de dúbidas ou nun isospeitado bache o Corme, que esta vez caeu derrotado ante unha Esteirana que, á súa forma, tamén estaba a xogarse unha final. O regreso de Róber Pladur parece ter elevado aos ceos aos sureños, moito máis contundentes e letais en ataque. Pero é que ademais foron quen de conter o xogo asociativo e creativo dun conxunto local que tivo a máis clara contra o descanso, nun remate franco de Alejo que marchou fóra por moi pouco. Con anterioridade, os esteiráns marradan por medio de Josiño, nun disparo cruzado, e de Róber Pladur, nun cabezazo que marchou alto. Foi nada máis reanudarse o xogo cando, na terceira, a Esteirana golpeou. Codesido inventou unha marabillosa acción persoal e sacou un zurdazo respostado en primeira instancia por Susiño. Estévez, moi atento, empurrou o rexeite a gol. Pasaría o partido a ser un monólogo cormelán, coa Esteirana achicando e resistindo como podía. Un saque de curruncho deixaría un balón morto para que Alejo certificase en gol ese dominio. Pero só lle duraría dous minutos a operación remontada aos locais, que sufrían unha xogada individual de Pladur para facer o segundo. No duelo de 'killers' tería dúas Alejo desta vez, e na segunda case fai o gol do ano, cunha chilena á que só uns centímetros negaron a categoría de obra de arte. Á contra sentiuse cómoda a Esteirana e Josiño sentenciou. Unión Club Cee 3-1 Camariñas Campo: San Paio de Refoxos Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Borja, Aitor, Esteban, Javi (Noé m.80), Jon (Alexandro m.67), Uri (Leo m.50), Juan Bello e Carlos (Carlos Leis m.73) Camariñas: Brais, Nazo, Gabri, Maikol, Moriño, David (Roi m.70), Luigi (Joseba m.65), Brais, De la Sierra, Pablo Mouzo (Sergi m.56) e Maikel Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Amonestou a Jorgito, Alexandro, Paulo e Aitor do Cee; Sergi do Camariñas Goles: 1-0 m.21 Borja; 2-0 m.44 Juan Bello; 3-0 m.46 Carlos; 3-1 m.54 Maikel, de penalti Rumbo á tranquilidade Case decisivo triunfo para un Unión Club Cee ao que o último mes de competición salvou de males maiores. A notable reacción do xigante histórico tivo o seu último capítulo na vitoria contra un Camariñas que tamén tivo que facer os deberes recentemente. Imperou a necesidade nunha tarde na que ben pudo ter mudado o rumbo de ter acertado Nazo nun remate franco que sacou Paulo abaixo. Mediado o primeiro acto, un balón colgado con saída de Brais deixou o esférico morto para que Borja empurrase a gol. As dimensións do campo parecían favorecer aos visitantes, pero a claridade era dun Unión que aumentaría a conta antes do intermedio, cun recorte e disparo inapelable de Juan Bello. Pareceu non existir paso polos vestiarios, e nada máis reanudarse o choque Carlos, de tremendo disparo lonxano, sentenciaba. Mellorou coa desvantaxe o Camariñas, que acurtou distancias cun penalti de Maikel e tocou con criterio no que sería desde entón un intercambio de ocasións erradas. Coristanco 1-1 Buño Campo: A Rocheira Coristanco: Fedeyo, Álex, Gustavo (Pazos m.38), Javi, Iván, Jorge (Samuel m.52), Marcos Corral (Añón m.76), Samuel, Damián, Rubén e Magovi (Gonzalo m.62) Buño: Gesto (Toni m.82), Miguel Dourado, Dimitri, Manuel (Pablo m.67), Mario, Jorge Calvete, Dani Calvete, Adrián (Richard m.69), Emilio, Alexander (Fran m.84) e Martín Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Expulsou a Rubén do Coristanco (m.90). Amonestou a Rubén, Añón e Gonzalo do Coristanco; Dani Calvete, Dimitri e Richardo do Buño Goles: 1-0 m.54 Magovi; 1-1 m.62 Dimitri A importancia de non perder Mantéñense na carreira por salvarse Coristanco e Buño, que xogaron un intenso derbi con sabor a final para ambos. Debutaba cos pataqueiros Fedeyo, ex do Sofán, o que se converteu un salto cualitativo e un arma a explotar. O canteirán do Bergantiños, cun saque preciso e potente, fixo do seu golpeo un arma a explotar polos seus compañeiros. Só a boa resistencia visitante evitou un dano irreversible. Houbo alternativas e opcións para os dous. O local Álex estrelaría dous balóns na madeira, e tamén a mesma sorte correría Martín, do Buño. Un erro defensivo, xa na reanudación, permitiulle a Magovi poñer en vantaxe a un Coristanco ao que só lle duraría a renda oito minutos, grazas a un bo remate de Dimitri. Jorge Calvete tería nas súas botas a remontada, aínda que tamén resultou providencial Gesto, sacando balóns de Pazos e Villajos. Monte Louro 2-1 Castriz Gran triunfo do Louro ante un Castriz que se mete en problemas - Foto: Edu Olveira Campo: Agra de Filgueira Monte Louro: Xandre, Pablo (Borja m.83), David, Manolo Chouza, César, Adrián, Riki (Jose Ángel m.87), Dani de Sahorta (Gelo m.68), Geiko (Pedro m.87) e Juan de Selia (Raúl m.65) Castriz: Herrera, Luis (Balsa m.70), Rubén, Steven (Raúl m.85), Matías, Álex, Adrián, Kevin, Roberto, Martín (Sebas m.65) e Mata Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Manolo Chouza, Adrián e Raúl do Monte Louro; Roberto e Adrián do Castriz Goles: 1-0 m.2 Juan de Selia; 1-1 m.58 Adrián; 2-1 m.78 Riki Quen o diría! Un Monte Louro que garantiu a súa continuidade na Liga da Costa meteu en problemas cada vez máis serios ao Castriz, irrecoñecible na segunda volta. Unha situación impensable e incrible antes de comezar a competición. Madrugou o talento local Juan de Selia para facer o primeiro, nun espectacular zurdazo tras control non menos sobresaínte. O panorama debuxaba un dominio visitante e un repliegue con búsqueda de contragolpes por parte dos muradáns, que aínda así non acabaron de saír con determinación. Foi na segunda metade cando Adrián, cun disparo raso, igualou o marcador. Pareceu xogar en contra dos xalleiros ese tanto, pois desapareceu todo o bo que estaban a propoñer e, tras varios avisos, Riki, á saída dun córner, fixo o segundo dun Louro sorprendente. O Castriz xogará toda unha final esta semana ante o Coristanco.

Comentarios