Liga da Costa: Fillos de Escocia?
02:32 07/11/16
Apunta a mandato bicéfalo entre Corme e Baio unha Segunda na que as alternativas se suceden nos pinchazos; esta vez tocoulle ao Cerqueda ceder
O Baio remontoulle ao San Lorenzo - Foto: Eduardo Olveira
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
San Lorenzo 2-5 Corme
Campo: As Pedreiras
San Lorenzo: Javi Souto, Samuel (Diego m.46), Kevin, Rudi, Juanjo, Pablo, Álex Taibo, Parafita, Juni, Fuentefría e Dani Pena (Dani Rey m.80)
Corme: Susiño, Brais (Sergio m.46), Jesús, Pandi, Toniño, Eloy, Martín (Jose m.61), Adrián Doldán, Alejo (Aitor m.90), Lucas e Brais
Árbitro: De Vega Domínguez (A Coruña). Expulsou a Álex Taibo do San Lorenzo (m.81). Amonestou a Pablo, Juni e Javi Souto do San Lorenzo; Alejo, Toniño e Sergio do Corme
Goles: 1-0 m.5 Juni; 2-0 m.26 Fuentefría; 2-1 m.37 Lucas; 2-2 m.39 Alejo; 2-3 m.57 Toniño; 2-4 m.74 Alejo; 2-5 m.90 Jose
Peaxe carísima
Importante e con mensaxe a remontada dun Corme que se graduou nun dos campos máis difíciles e peculiares da Liga da Costa. Chegou sen embargo cun prezo excesivamente alto en forma de lesións de Martín e Alejo, cun gravidade aínda por confirmar. A primeira media hora foi un mundo aparte dentro da película xeral da tarde, con superioridade estratéxica dos carballeses, bigoleadores a balón parado. Foi un muro que os cormeláns tardaron dous minutos máxicos en saltar, con golazo de Lucas de libre directo para acurtar distancias e lección de oportunismo da mellor versión de Alejo. E se de clase se trata sempre ten algo que dicir Toniño, autor do terceiro xa nunha reanudación marcada polo poderío azul nas contras. Pese ao claro e contudente do marcador final, ambos conxuntos tiveron fortes queixas da labor arbitral.
Laxe 0-0 Porteño
Laxe e Porteño empataron sen goles - Foto: CF Porteño
Campo: Cabo D'Area
Laxe: Noé, Aarón (Bieito m.75), Naya, Manuel, Felipe, Santi, Saleta, Gora, Reigía (Simón m.46), Bras e Pablo Fuentes
Porteño: Martín, Pejo, Adrián, Piti (Adri m.79), Quilmes, Mario Toja, Marcos (Manu m.90), Jorge Velo, Manuel, Roi e Rodrigo
Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Amonestou a Aarón, Bras do Laxe; Piti, Jorge, Quilmes e Mario Toja do Porteño
Demasiado en xogo
Partido directísimo pola permanencia entre Laxe e Porteño, dous equipos que teñen comezado con dúbidas e que fan da súa condición de local unha das súas virtudes. Non axudou ao espectáculo un terreo de xogo seco e lento de máis, nin tampouco a tensión de quen non pode permitirse perder. Foi parca en achegamentos e ocasións unha primeira metade sen un dominador claro e cun lanzamento de Mario Toja coma acción máis notable, ademáis dunha acción na que os visitantes pediron cartón vermello. Adiantaron posicións os locais nunha reanudación na que a zaga porteñista incluso acabaría por sacar baixo paus un balón envenenado tras un mal despexe. Ao final, o premio foi para o medo.
Ponteceso 4-0 Unión Club Cee
Campo: O Pinguel
Ponteceso: Brais, Martín Puente, Cotelo, Matías, Nando (Youssef m.85), Alberto Recarey, Baba, Charro (Yago m.76), Javi (Mara m.22), Ismail e Charly
Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito (Álex m.67), Julito, Chema, Esteban (Aitor m.70), Noé, Carlos Leis (Carlos m.64), Leo (Javi m.59), Juan Bello e Martín
Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Amonestou a Nando do Ponteceso; Paulo, Carlos Leis, Jorgito, Juan Bello e Julito do Cee
Goles: 1-0 m.43 Jose; 2-0 m.55 Nando; 3-0 m.84 Baba; 4-0 m.90 Baba
Houbo medio partido
Unha igualada e emocionante primeira metade foi o mellor que ofreceu a tarde entre Ponteceso e Unión Club Cee, otrora súmmum do fútbol costeiro e agora proxecto delo. Nos mellores minutos os visitantes si produciron opcións, e protestaron moito un gol anulado a Leo e un derribo sobre Martín no área. Resultaría chave o tanto de Jose, pouco antes do intermedio e despois de varios rexeites no área unionista. Convaleciente do golpe anterior, e como se aínda non regresase dos vestiarios, o Cee bicou a lona co tanto de Nando, que levaría o encontro a unha fase en forma monologal e no que os pontecesáns borraron por compreto ao seu rival. Segue a ter serios problemas co gol un Cee que compite, pero non acaba por dar o salto cualitativo.
Malpica 2-2 Coristanco
Campo: A Pedra Queimada
Malpica: Rubén, Óscar Moscoso, Cristian, Alberto Carballo, Isma, Jose Luis, Alberto, Álex Márquez, Pablo Rey, Eloy Cabeza e Marcos Pensado
Coristanco: Brais, Fabio (Damián m.46), Rubén, Mato, Javi, Gustavo (Villajos m.60), Pazos (Toni m.65), Álvaro (Iván m.70), Jorge, Corral e Magovi
Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Amonestou a Pazos do Coristanco
Goles: 1-0 m.15 Álex Márquez; 2-0 m.25 Isma; 2-1 m.42 Mato; 2-2 m.83 Villajos
Medra fóra da casa
Dous goles de vantaxe despediciou un Malpica que é víctima e presa da súa realidade: mentres lle dura a gasolina ten equipo para competir con calquera, pero a falta de fondo de armario lle remite a un papel alternativo na competición de fondo. Os azuis dominaron na primeira metade a un Coristanco que por outra banda atravesa un momento notable. Álex Márquez e Isma acertaron coa meta rival, a falta de dianteiros natos no equipo. Mato, pouco antes do intermedio, abriría o camiño hacia a luz dun cadro pataqueiro que pouco a pouco iría xerando oportunidades, que igualou nun bo remate de Villajos, e que finalmente ata tivo opcións para levar o encontro. A pesares de ausencias notables coma Brais ou Cololo, os malpicáns sacaron coma mellor conclusión a súa capacidade para crear perigo, pois a balanza pudo caer de calquera lado.
Camariñas 1-2 Buño
Campo: Hermanas Patiño
Camariñas: Pablo, Soule, Kevin, Gabri, Rodri (Brais m.65), David, Yuyo, Javi Antelo, Pablo, Maikel (Doyle m.58) e Nazo (Brandon m.75)
Buño: Toni, Mario, Aitor, Eloy, Dimitri, Emilio, Miguel Dourado, Alexander (Adrián m.68) (Canedo m.90), Dani Calvete (Richard m.84), Jorge Calvete (Fran m.77) e Martín
Árbitro: Varela Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Yuyo e Pablo do Camariñas; Jorge Calvete, Toni, Martín e Adrián do Buño
Goles: 1-0 m.4 Javi Antelo; 1-1 m.45 Alexander; 1-2 m.62 Martín
Da necesidade, virtud
Non xogou mellor o Buño que o Camariñas no que acabaría por ser un triunfo fundamental para os oleiros, pero si tivo as ideas máis claras e sobre todo pareceu ter unha necesidade maior por levar os puntos. Un vistazo ao primeiro acto sería un resumo perfecto das virtudes que ven amosando o equipo palilleiro este curso, e como botón o madrugador tanto de Javi Antelo: córner de David para Nazo con acción de desborde e asistencia do pequeno extremo e remate a gol ao segundo pau. De aí ao intermedio, unha producción grande de accións claras de gol, aínda que sen definición. O suspiro previo ao paso por vestiarios amosaría a outra cara dos locais: erro de colocación na defensa dunha estratexia e tanto de Alexander. Con paciencia acabaría por chegar o partido do Buño, que marcaría cun disparo axustado de Martín e administraría á perfección a vantaxe ante un Camariñas finalmente desnortado.
Baíñas 2-4 Corcubión
Senra e Samuel, compartindo rivalidade e 'bo rollo'
Campo: Municipal de Vimianzo
Baíñas: Carlos, Iván, Pablo Riveiro, Braulio, Esteban, Jose Antonio (Samuel m.39), Cristian, Pablo Muíño, Víctor (Héctor m.24), Damián e Canay (Oreiro m.84)
Corcubión: Abe, Mario, Alan, Sebas, Antón Lestón (Ferrío m.49), Lema, Samuel (Nes m.56), Gabri, Tito (Toja m.62), Senra e Pablo Castro
Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Amonestou a Estebann, Jose Antonio, Pablo do Baíñas; Sebas, Gabri do Corcubión
Goles: 0-1 m.8 Sebas; 1-1 m.29 Damián; 1-2 m.31 Tito; 2-2 m.44 Braulio, de penalti; 2-3 m.70 Lema; 2-4 m.79 Nes
Cando se pon…
Sacou de novo a súa mellor versión a Unión Deportiva Corcubión, vencedora dun sobre o papel partido da súa Liga. Os branquiazuis foron atrevidos e tiraron de talento, precisamente algo que invidualmente lle sobraba ao seu rival. Comezou sendo protagonista, co sistema de moda, 4-3-3, e buscando saídas rápidas tras recuperación. E así chegaría o primeiro tanto, tras un centro de Iago e colaboración do meta local, con definición final de Sebas. Outro erro, esta vez da barreira nunha falta executada por Damián, daría para un empate efímero e roto novamente por Tito dous minutos despois. E chegou en forma de falta de misil desde trinta metros. O intercambio de golpes dun primer acto precioso acabaría en táboas, tras un choque entre Senra e Pablo Muíño no área e execución a gol de Braulio. A superioridade que debuxara por momentos o Corcubión foi efectiva e latente no segundo acto, aínda que non sería ata a recta final cando o marcador lle dera a razón. E sucedeu do xeito máis atípico posible: o pase que selaría o mellor Koeman, Gerrard ou Xabi Alonso saiu das botas de Senra para que Van Basten transformado en Lema resolvera de volea. Nes, pouco despois, sentenciaría.
Baio 5-1 Monte Louro
O Louro viuse sorprendido en catro minutos - Foto: Eduardo Olveira
Campo: Platas Reinoso
Baio: Recarey, Isaac (Ramón m.76), Norberto (Fredi m.83), Fachal (Luis m.46), Pedro, Brais, Martín, Moreno, Santi Díaz (Rubio m.48), Javi Suárez e MC
Monte Louro: Iago, Abel, David, Manolo Chouza, Borja, Yeray, Raúl (Dani de Sahorta m.62), Miguel (Joaquín m.85), Geiko, Riki e Juan de Selia (Gabi m.46)
Árbitro: Ordóñez Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Brais e Pedro do Baio; Manolo Chouza do Monte Louro
Goles: 0-1 m.40 Raúl; 1-1 m.42 Javi Suárez; 2-1 m.48 Santi Díaz; 3-1 m.54 MC; 4-1 m.75 MC; 5-1 m.85 MC
Psicoloxía e MC
O manual de como mermar mentalmente a un equipo debería recoller a forma na que o Baio conseguiu voltearlle a tarde a un Louro que pasada a media hora protagonizaba o sorpresón da xornada. Un cabezazo de Raúl premiara a ordeada resistencia muradán e a falta de puntería, ata entón, do colíder da Liga. Sen embargo, dous minutos despois dese tanto, e pouco antes do intermedio, Javi Suárez convertiría a gol un rexeite de Iago. E dous minutos despois, pero de voltar dos vestiarios, Santi Díaz poñía por diante aos seus. Apenas parpadearan ou se frotaran os ollos os loureáns e xa ían por detrás nunha cita que estaban a competir ben. Faltaba a puntilla e o papel protagonista que parece corresponderlle a MC en cada tarde. O canteirán selou un ha trick na recta final que castigou a un rendido Louro e mantivo a normalidade na cabeza da táboa.
Esteirana 0-2 Castriz
Campo: José Luis Vara
Esteirana: Roberto, Tobío, Damián Suizo, Rafa, Martín, Pablo Rama (Brais m.84), Adrián (Eloy m.65), Álex, Codesido (David m.77), Jaime e Simón
Castriz: Herrera, Steven, Carlos, Alberto Mata, Kevin (Adrián m.61), Nakata, Iván, Raúl, Álex, Pablo Landeira e Martín (Balsa m.86)
Árbitro: Martínez Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Damián Suizo, Rafa e Simón da Esteirana; Mata, Álex, Carlos e Steven do Castriz
Goles: 0-1 m.56 Raúl; 0-2 m.84 Landeira
Sensacións de retorno
Despois de deixar dúbidas en cruces directos, o Castriz retomou a súa versión máis positiva cun traballado triunfo en Esteiro, ante un dos conxuntos, por outra banda, máis irregulares e imprevisibles da liga. Son os azulgrana imprevisibles, de feito, dentro dun mesmo choque, con momentos de brillantez e de ausencia. Así foi onte, cun primeiro acto con xeración de opcións de perigo e moito dinamismo nos homes de arriba, tanto en acción elaborada como na búsqueda de saídas rápidas. Non houbo presa nos combeses, conscientes desa realidade, e efectivos nun segundo acto no que acabaron por adueñarse da situación. Non fallaron Raúl nin Pablo Landeira, que devolveron ao seu equipo a condición de alternativa.
Cerqueda 0-3 Mazaricos
O Mazaricos venceu en Buño - Foto: UD Cerqueda
Campo: Xaviña (Buño)
Cerqueda: Diego Dourado, Bastón (Moha m.46), Athu, Martín, Lorenzo (Eloy m.85), Pablo (Jonás m.56), Cristian, Dani Mato, Iván Mato, Míchel e Sergio
Mazaricos: Miguel, Matías, Martín, David, Ricardo, Molinos (Raúl m.85), Estéfano, Oreiro (Chenel m.69), Manuel Luis, Diego Maneiro (Brais m.74) e Pereiro
Árbitro: García Novo (A Coruña). Amonestou a Dani Mato e Iván Mato do Cerqueda
Goles: 0-1 m.13 Manuel Luis; 0-2 m.25 Estéfano; 0-3 m.46 Ricardo
As táboas e o seu peso
Gañoulle en tódolos aspectos do xogo o Mazaricos a un Cerqueda convertido en revelación da tempada, pero todavía algo verde nalgúns aspectos para soñar con cotas maiores. Os amarelos, que o pasado ano asumiran ese mesmo papel de sorpresa, fixeron valer a súa maior experiencia e en todo momento levaron o partido onde máis o necesitaban. A primeira media hora finiquitou prácticamente o que quedaba de tarde. Un bo remae de Manuel Luis e unha acción de Estéfano decidiron. Cando tocaba a ofensiva, nada máis retornar do vestiario, Ricardo deulle a 'estocado' a un 'Miura' con algunha corrida pendente.