Liga da Costa: Os partidos hai que xogalos

13:40 05/12/16
O Montelouro foi o protagonista da xornada coa súa vitoria en Castriz. O partido da xornada disputouse en Esteiro cun Corme que segue guiado polo acerto de Alejo. O Baio non frea tampouco, e Mazaricos e San Lorenzo manteñen o ritmo.
O Montelouro demostrou que os partidos hai que xogalos vencendo en Castriz
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Poucos cambios no alto da táboa trala 14ª xornada da Liga da Costa. Corme e Baio sufriron pero venceron e manteñen a vantaxe de 5 e 6 puntos sobre Mazaricos e San Lorenzo. Por abaixo a cousa está moi aberta, pois dende o 9º Malpica, ata o pechacancelas Laxe apenas hai dous partidos de diferencia.
Toca xa ir pensando Volta dos Dezaseisavos da #CopadaCosta, que se disputa este martes.
Camariñas-Cee-Foto-Jose Campaña
Pura disputa
Moita intensidade e tensión, pero poucos riscos e ocasións, sobre todo na primeira metade. Choque moi disputado entre dous equipos no que predominaron as defensas. As mellores ocasións, en todo caso, foron dos ceenses, sobre todo un remate de cabeza de Martín e un tiro de Leo, o Camariñas tivo tamén dúas chegadas peligrosas no último tramo deste tempo.
Na segunda abriuse algo máis o choque e o partido puido caer de calquera lado. Sule tivo que sacar unha baixo paus co peito xa co porteiro batido. Ademais, o Cee pediu un penalti sobre Juan O Vello nos últimos minutos.
O Porteño chegaba xusto e canso a Pedra Queimada pero sorprendía ao Malpica
Vitoria sorpresa
Chegaba o Porteño a Malpica case que en cadro e levou unha vitoria coa que non contaba, despois ademais da festa do sábado cunha gran cea solidaria. Pero sorprendentemente fixeron os de Javi Baña un dos mellores partidos do ano, cun Roi estelar, e que foi el o auténtico protagonista do encontro. Foi el o que estuvo en todas partes, a el fixéronlle o penalti que abriria o marcador con gol de Cachi e pouco despois Porto ampliaría o marcador cun gol de bella factura e cheo de sentimento, pois adicoullo o seu pai recentemente falecido.
Ao descanso chegaríase cun claro 0-2, dada a mala primeira metade dos de Esmorís.
Na segunda metade mellorou o cadro local pero atopábase co pau (como un chutazo de Ismael) ou con Pejo, moi bravo en defensa. Petis e Ortiz tiveron boas ocasións para recurtar se ben o propio Roi tivo unha contra para sentenciar no treito final que tamén rematou no pau.
11 do Cerqueda no Pinguel-Foto-SD
Partidazo con polémica
Fermoso partido manchado pola polémica que necesitou da presencia da Garda Civil para rematar o choque. Estaba sendo un fermoso e respetuoso partido a pesar de que estes derbis sempre son quentes. Unha xogada cambiou o devir do partido. O colexiado sinalaba unha dubidosa falta indirecta dentro da área cerquedá. Sacaba rápido o cadro pontecesán e detiña o meta visitante pero o colexiado manda repetir. Á segunda marca, tras un rexeite, Nando.
Volveuse moi bronco, sobre todo dende a bancada, o choque a partir dese momento. Empataba na segunda o Cerqueda cun golazo de falta pero a alegría duraba pouco porque Charly metían en vantaxe de novo ao Ponteceso. Quedaba moito e o Cerqueda intentono pero non puido empatar.
Imaxe do choque-Foto-SD
Así foi o primeiro gol do partido:
[fbvideo link="https://www.facebook.com/pontecesosd/videos/1887892434776160/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]


San Lorenzo - Laxe (8-0)
- Campo: As Pedreiras.
- San Lorenzo: Javi (Puyol), Puñal, Juanjo (Pablo), Rudi, Kevin (Samuel), Taibo (Diego), Parafita, Fuentefría, Dani Pena, Juni e Rubén (Dani Rey).
- Laxe: Noé, Aarón, Bras, Jacinto, Simón, Borja, Gora, Saleta, Trigo, Santi e Zurich. Tamén: Jacobo, Omar, Stiven, Pedro e Bieito.
- Goles: Diego, Parafita, Juni, Taibo (2) e Fuentefría (4).
Baio - Corcubión (4-2)
- Campo: Pratas Reinoso.
- Baio: Diego, Isaac, Mario (Fran, m.70), Porto, Eloy (Fredi, m.55), Martín (Ramón, m.9), Rubio, Moreno, Pedro, Javi Suárez (Josiño , m.75) e MC.
- Corcubión: Abe; Mario, Lema, Pablo, Adry; Sebas, Antón, Gabi, Alan; Toja e Roy.
- Goles: 0-1, m.6: Roy a centro de Sebas; 1-1, m.8: MC; 2-1, m.9: Martín; 2-2, m.23 Roi; 3-2, m.51: Porto; 4-2, m.62: MC a centro de Isaac.
Esteirana - Corme (2-3)
- Campo: Xosé Luís Vara.
- Esteirana: Roberto, Code, Rafa (Sui), Tobío, Simón (Serrano), Álex, Adrian, Martín, Jaime (Pablo), Campos (Veloso) e Manu.
- Corme: Suso, Dani, Pandi, Jesús; Adrián Doldán (Brais Torrado, m.80), Sergio, Eloy, Alejandro (Diego, m.46); Martín (Toniño, m.46), Lucas e Alejo.
- Goles: 1-0, m.8: Simón; 2-0, m.14: Manu; 2-1, m.16: Alejo; 2-2, m.26: Alejo de penalti; 3-2, m.85: Alejo de penalti.
- Expulsión: O local Manu no m.60.
Camariñas - Cee (0-0)
- Campo: Hermanas Patiño.
- Camariñas: Alvaro, Gabi, Kevin, Maikel, Suárez, Brandon, David (Mouzo, m.65), Moriño, Sule, Javier e Yuyo (Nazo, m.55).
- Cee: Paulo, Nico, Jorge, Julito, Aitor, Carlos Leis (Noé, m.64), Esteban, Leo (Josiño, m.60), Juan O Vello, Martín (Javi, m.57) e Uri (Chiru, m.71).

Malpica - Porteño (0-2)
- Campo: Pedra Queimada.
- Malpica : Brais, Casais (Cristian, m.60), Marcos, Pablo (Alberto, m.46), Moscoso, Mario, Ismael, Pitis (Alex, m.46), Eloy, Ortiz e Brais Lado.
- Porteño: Martin, Marcos, Pejo, Oli, Rodrigo, Xoel, Cou, Roi, Cachi (Manoliño), Jorge, Porto (Toxo).
- Goles: 0-1, m.25: Cachi de penalti; 0-2, m.40: Porto marca e adícalle o gol ao seu falecido pai

Baíñas - Mazaricos (2-4)
- Campo: Municipal de Vimianzo.
- Baíñas: Maikel, Iván (Javi, m.50), Braulio (Cristian Serradero, m.60), Héctor, Eloy, Esteban (Samuel, m.20), Felipe, Jaime, Cristian, David e Canay.
- Mazaricos: Miguel, Estéfano, Esteban (Oreiro, m.46), Matías, Martín (Ramón, m.65), Ricardo, Pereiro (Maneiro, m.60), Dani (Chico, m.75), David, Molinos (Brais, m.55)e Chenel.
- Goles: 0-1, m.20: Ricardo de cabeza a centro de David; 1-1, m.35: Jaime ás costas da defensa; 1-2, m.55: Chenel en velocidade; 2-2, m.75: Canay tras varios rexeites; 2-3, m.85: Estéfano de gran xogada individual; 2-4, m.91: Chenel á contra.
Ponteceso - Cerqueda (2-1)

- Campo: O Pinguel.
- Ponteceso Brais, Juanma (Javi Peón, m.66), Matias, Charly, Juanma, Mendieta, Nando, Puente (Dani Cotelo, m.80), Dieguito (Eloy, m.90), Yago (Youssef, m.88), Charro.
- Cerqueda: Richard, Dani Mato, Atu, Dani, Moha, Eloy, Cholo, Míchel, Lorenzo, Pablo e Martín. Tamén xogaron: Bastón, Méndez e Jonas.
- Goles: 1-0, m.30: Nando tras unha falta indirecta; 1-1, m.56: Míchel de golazo dende fóra da área; 2-1, m.58: Charly de cabeza.


Buño - Coristanco (1-1)
- Campo: Xaviña.
- Buño: Gesto, Miguel, Eloy, Dani, Dimitri, Pablo, Emilio (Aitor), Adrián (Mario), Jorge, Jordan (Juan) e Martin.
- Coristanco: Brasil, Yoni, Iván (Rial, m.55), Mato (Sergio, m.80), Samuel, Javi, Damián (Pazos, m.70), Corral, Jorje, Gustavo (Toni, m.60) e Magovi.
- Goles: 1-0, m.80: en propia; 1-1, m.87: Magovi.
Castriz - Montelouro (1-2)
- Campo: San Pedro.
- Castriz: David, Chinda, Alex, Raúl, Luís (Martín Gemelo), Nakata (Mata), Stiven, Adrián (Marcos), Landeira, Kevin e Iván.
- Montelouro: Fer, Abel, David, Pablo, Manolo, Gelo (Dani, m.55), Raul, Riki, Juan de Celia (Yeray, m.46), Geiko (César, m.80) e Miguel (Gabriel, m.60).
- Goles: 1-0, m.60: Landeira; 1-1, m.70: Riki de falta coa axuda do meta xalleiro; 1-2, m.90: Gabriel marca tras un roubo na presión de Raúl.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.