mércores. 30.04.2025
El tiempo

2ª Autonómica: Un Leicester de Pino do Val

2ª Autonómica: Un Leicester de Pino do Val
Novo hachazo do sorprendente Mazaricos, esta vez para arrebatarlle ao Zas a condición de líder en solitario; non desperdiciaron a ocasión un Fisterra que levou a rastro ao Baíñas, nin o San Lorenzo nun duro choque en Muros O Mazaricos pudo co Zas - Foto: Wash Calvo O Mazaricos pudo co Zas - Foto: Wash Calvo Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Mazaricos 2-0 Sporting Zas
  • Campo: Peña de Ouro
  • Mazaricos: Miguel, Marcos, Ramón, Matías, Miguel Riveiro, Brais (David II m.63), Ricardo, David, Estéfano (Martín m.91), Chenel e Juan Ramón
  • Sporting Zas: Tívoli, Rubén Forján, Josito, Manu, Diego Fernández (Adrián m.73), Sande (Braulio m.62), Cilindro, Isma (Martín m.73), Rubio (Carlos m.85), Chapela (Dieguiño m.57) e David Blanco
  • Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Amonestou a Estéfano, Juan Ramón e David do Mazaricos; Diego Fernández, Rubén Forján e Diego do Sporting Zas
  • Goles: 1-0 m.17 Chenel; 2-0 m.27 Estéfano
O Leicester da Costa Non entraba en ningunha quiniela e xa xuíz e parte, por dereito propio. O Mazaricos acadou onte unha victoria que puxo patas arriba a Liga da Costa, arrebatoulle ao Zas a condición de líder en solitario e presentou por todo o alto a candidatura ao que sexa. Sen demasiada tradición ilustre, e sen grandes estrelas nas súas filas, os de Pino do Val lembran ao actual líder da Premier League inglesa, con Vardy e Mahrez reconvertidos en Chenel e Estéfano. Os dous autores dos goles son desa clase de clásicos aos que todos teñen visto facer a mesma xogada sempre, e triunfar grazas a ela domingo tras domingo. O de Santiago fixo o primeiro tras un desaxuste defensivo, mentres que o segundo foi obra dun home da casa de toda a vida, que trouxo de cabeza á zaga visitante. Nunca se adaptou ao campo un Sporting Zas algo inconsistente, que de feito non tivo ningunha opcións clamorosa para marcar. Ben prantado, o Mazaricos levou o choque a unha cuestión de equilibrio e saber estar no centro do campo.   Carnota 4-3 Esteirana
  • Campo: Lombáns
  • Carnota: Peipo, Tono da Caixa, Adri (Jose m.67), Samuel, Pedro de Pichín, Pumuky, Adrián, Bernardo (Raúl m.65), Oli Bermejo, Miguel e Manuel Luis
  • Esteirana: Roberto (Alexandro m.60), Simón, Dani Rama (Iker m.80), Rafa, Martín, Álex, Adrián, Pablo Rama (Manuel m.46), Eloy (Jaime m.46), Codesido e Tobío (Brais m.90)
  • Árbitro: De Vega Domínuez (A Coruña). Amonestou a Manuel Luis, Oli Bermejo e Raúl do Carnota; Tobío, Simón, Álex e Rafa da Esteirana
  • Goles: 1-0 m.25 Manuel Luis; 2-0 m.36 Adrián; 2-1 m.48 Martín; 3-1 m.48 Adrián; 3-2 m.56 Martín; 3-3 m.62 Manuel; 4-3 m.75 Pedro de Pichín
Este barco non se afunde Sorpresón do Carnota fronte a unha Esteirana que apareceu e desapareceu (ou máis ben ao revés) do campo de Lombáns. Os locais, moito máis necesitados que un rival cos deberes case feitos no que á permanencia se refire. Un bo remate de Manuel Luis e outro de Adrián mandaron aos pupiilos de Amador con dous goles de vantaxe ao descanso. Os trocos e a reanudación lle deron outro aire á Esteirana, que dominou e embotellou ao seu rival, ata igualar nun cuarto de hora. Pero a épica dicía que era a tarde do Carnota e o capitán Pedro de Pichín selou un triunfo chave na remontada carnotán.   Cabana 2-2 Porteño O empate non lle vale a ningún - Foto: Porteño CF O empate non lle vale a ningún - Foto: Porteño CF
  • Campo: As Redondas
  • Cabana: Adrián, Grille (Jose m.52), David Varela, Isma, Raúl, Maikel, Álex, Fernando (Reigia m.55), Adrián, José Manuel (Santi m.55) e Diego Varela (Adan m,74)
  • Porteño: Martín, Adrián, Caamaño, Gabri (Xoel m.89), Manuel, Cachi, Doyle (Rodri m.74), Quilmes, Jorge, Iago (Cousillas m.68) e Wii (Marcos m.64)
  • Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Amonestou a Fernando, Grille, Álex, Diego Varela, David Varela e Raúl do Cabana; Iago, Wii do Porteño
  • Goles: 0-1 m.17 Quilmes; 1-1 m.60 Diego Varela; 2-1 m.87 Reigia; 2-2 m.89 Marcos
Un 'case' do colista Se existe a sorte do campión o Cabana ben faría en lamentar o mal fario do colista. Tivo nas súas mans o triunfo ante un descoñecido Porteño, pero o último suspiro deixou unha igualdade que non lle vale para demasiado a ningún dos dous. Foron mellores na primeira metade os da Ponte do Porto, que abriron o marcador gracias a un cabezazo de Quilmes a centro de Manu. Pero o paso dos minutos fixo despertando a un Cabana que equilibrou grazas a un balón morto no área ben rematado por Diego Varela e que remontou cunha volea de Reigia, libre de marca. Tiña desaparecido por completo o Porteño, e a derrota lle deixaba nunha situación delicada. Reduciu o dano e sacou un punto contra o final, nun balón largo que habilitou a Marcos e este picou a bola por riba do meta cabanés.   Cerqueda 1-0 Ameixenda A familia do Ameixenda entregou un detalle en recoñecemento da axuda cerquedense no susto da primeira volta - Foto: UD Cerqueda A familia do Ameixenda entregou un detalle en recoñecemento da axuda cerquedense no susto da primeira volta - Foto: UD Cerqueda
  • Campo: Xaviña (Buño)
  • Cerqueda: Diego Dourado, Sergio, Pazos, Dani, John (Eloy m.59), Darío (Brais m.76), Lorenzo, Fernando, Manu Guillamet, Luchi (Gemelo m.50) e Martín (Jonás m.66)
  • Ameixenda: Maikel, Jorge, Samuel, Bichiño, Trillo, David, Jesús (Javichu m.71), Sergio (Nes m.46), Mario, Brais e Demetrio (Rafa m.51)
  • Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Expulsou a Bichiño do Ameixenda (m.93)Amonestou a Brais do Cerqueda; Jesús, Mario e David do Ameixenda
  • Gol: 1-0 m.12 Fernandito
Fernandito resolve unha vez máis O herculino Fernandito, irmán do adestrador Emilio, asinou o gol que desequilibrou o duelo entre Cerqueda e Ameixenda. Non foi a tarde de mellor fútbol do curso, especialmente nun segundo tempo sen apenas oportunidades claras de perigo, e cos ceenses tentando o gol sen demasiada profundidade. A xogada definitiva foi un rexeite do porteiro con tino de Fernandito nos mellores intres dos locais. Para o Ameixenda Brais e Mario tiveron o protagonismo ofensivo.   Castriz 5-1 Buño
  • Campo: San Pedro
  • Castriz: Añón (Víctor m.85), Dani Martínez (Sergio m.65), Alejandro, Diego Maneiro, Pastoriza, Fabián, Jose, David Agra (Javi m.84), Bolón, Darío Capelo e Álex Flores
  • Buño: Toni (Cristian m.88), Miguel Doourado, Fran Borrazás, David, Pablo Canedo (Juan m.72), Emilio, Juan Antelo, Dani Calvete, Gurita (Alexander m.72), Víctor e Richard
  • Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Expulsou a Fran Borrazás (m.15) do Buño. Amonestou a Alejandro, Bolón e Sergio do Castriz; Pablo Canedo e Víctor do Buño
  • Goles: 0-1 m.12 Víctor; 1-1 m.16 Álex Flores, de penalti; 2-1 m.52 Bolón; 3-1 m.69 Darío Capelo; 4-1 m.71 Fabián; 5-1 m.84 Bolón
Un golpe excesivo Non é fiel ao guión do partido o 5-1 co que o Buño caeu no campo de San Pedro de Castriz. Superiores os locais, o paso dos minutos resultou unha losa demasiada pesada nun castigado físicamente cadro oleiro. Pintaba moi diferente todo cando, pasados os dez minutos, unha acción de dianteiro de Víctor poñía en vantaxe ao Buño. Pero pouco duraría esa alegría. Un suspiro despois Fran Borrazás cometía un penalti con resultado de expulsión, que lle servía a Álex Flores para anotar e cambiar totalmente a película. E iso que ata o descanso pouco máis pasou. Xa na reanudación, e cunha marcha máis, Bolón, Darío e Álex Flores volveron loca á zaga visitante e acabaron por protagonizar, xunto a Fabián, un triunfo que lle sirve ao Castriz para esquecer a derrota co Fisterra.   Unión Club Cee 1-3 Ponteceso
  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Unión Cee: Ángel Luis (Paulo m.85), Álex (Ismael m.88), Jorgito, Jacobo, Aitor, Jose, Trillo, Sergio, Leo, Penedo (Andrés Fandiño m.88) e Dani Picallo
  • Ponteceso: Brais, Collazo, Laik (Regueiro m.56), Charly, Juanma, Alberto Recarey, Nando, Puente, Yago (Ismail m.50), Dieguito (Youssef m.80) e Eloy (José m.64)
  • Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Aitor, Jacobo e Álex do Unión Club Cee; Dieguito, Laik, Charly, Juanma e Collazo
  • Goles: 0-1 m.24 Yago; 1-1 m.48 Dani Picallo; 1-2 m.53 Eloy; 1-3 m.70 Dieguito
Os nenos fan os deberes Cumpriu o Ponteceso na difícil saída a Cee e levou os tres puntos nun partido que a punto estivo de poñerselle feo á hora de xogo. Dous xuvenís, Puente e Yago, fabricaron a acción do único tanto da primeira metade, nun centro do primeiro para o segundo. Houbo chegadas ao área por parte dos dous equipos, aínda que acabou por controlar o tempo o equipo de Barca. Saiu con forza dos vestiarios o Unión, que aos dous minutos igualaba tras un pase da morte de Leo a Dani Picallo que o muxián enviou ao fondo da rede. Eran os mellores minutos ceenses, que agobiaron ao seu rival. Pero apareceu Eloy, para tras outra xogada de Puente finalizar con acerto. Foi un mazazo para o Unión, que decreceu de novo e encaixou o golpe definitivo nun man a man resolto por Dieguito a pase de Recarey. Houbo varias situacións perigosas nos vinte minutos finais.   Volantes de Baño 0-3 San Lorenzo
  • Campo: Eleuterio Balayo
  • Volantes de Baño: Caamaño, Pablo, Juan do Sivil, Yanky, Pardelo (Mou m.80), Sergio, Andel (Javi m.51), Ivi, Iago (Álvaro m.68), Mingos e Pedro de Paky
  • San Lorenzo: Javi Souto, Isaac, Adrián, Rubén Varela, Juanjo, Álex Taibo (Rudi m.85), Anxo (Kevin m.70), Parafita, Fuentefría, Dani Pena e Luis (Juni m.77)
  • Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Pedro de Paky, do Volantes de Baño
  • Goles: 0-1 m.63 Fuentefría; 0-2 m.86 Parafita; 0-3 m.88 Dani Pena
Volantazo na segunda metade Nin moito menos tan sinxelo coma reza o marcador foi a victoria do San Lorenzo de Verdillo en Muros. O Volantes de Baño, a súa versión 2.0, puxo contra as cordas a todo un candidato ao título. Non foi ata a hora de xogo cando os carballeses abriron o marcador, tras varios rexeites que acertou a embocar a gol Fuentefría. Salvou baixo paus a igualada a zaga dun San Lorenzo que acabaría por sentenciar nos minutos finais. Parafita, de falta directa, e Dani Pena, co Volantes de Baño xa volcado, pecharon unha saída que era unha auténtica trapa para o cadro de Verdillo.   Fisterra 4-1 Baíñas Locura na celebración dun gol do Fisterra - Foto: SD FIsterra Locura na celebración dun gol do Fisterra - Foto: SD FIsterra O punta Bruno despediuse por unha tempada do clube - Foto: SD FIsterra O punta Bruno despediuse por unha tempada do clube - Foto: SD FIsterra Unha comparsa escenificou a compra do Fisterra por parte dun 'jeque' - Foto SD Fisterra Unha comparsa escenificou a compra do Fisterra por parte dun 'jeque' - Foto SD Fisterra
  • Campo: Ara Solis
  • Fisterra: Norberto, Dani Rubia, Breixo, Santi, Robertín, Adrián (Adri m.81), Mané (Guardiola m.67), Bruno, Roa, Cote e Julito (Munitis m.69)
  • Baíñas: Joselu (Sergio m.79), Tantán, Carliños, Jorge Calvete, Jaime, Migueliño (Samuel m.75), Tasky (Canay m.67), Dani Casal, Esteban (Cristian m.62), Alemán e Mario
  • Árbitro: Girláldez Teixeira (A Coruña). Amonestou a Mané do Fisterra; Dani Casal do Fisterra
  • Goles: 1-0 m.8 Adrián; 2-0 m.28 Adrián; 2-1 m.34 Jaime; 3-1 m.66 Bruno; 4-1 m.68 Bruno
Capital da ilusión Todo en Ara Solis tiña unha aureola máxica: unha entrada de fútbol da Costa de toda a vida, un Fisterra no seu mellor momento da tempada, e un rival directo con vellos coñecidos (e amigos) nas súas filas. E poucos equipos se moven tan me no lirismo balompédico coma a SD. Á media hora o pichichi e potencial protagonista do curso, Adrián, xa goleara dúas veces, primeiro nun córner, de cabeza, ao primeiro pau, e despois tras un rexeite nunha execución de libre directo. Dese mesmo xeito recurtaría distancias intres despois o Baíñas, que botou de menos a Javi Suárez e a profundidade deste á hora de desarmar defensas. Pouco variaría o panorama no segundo acto, aínda que si os protagonistas. Makaay deixoulle paso ao 'fuguillas' por excelencia, Bruno, que sentenciaría cun disparo desde o borde do área e tras vas varios rexeites nun córner. E o éxtasis final era testemuña do retorno do Fisterra á cabeza dunha táboa, anos despois.   Camariñas 4-1 Coristanco
  • Campo: Hermanas Patiño
  • Camariñas: Pablo, Moriño, Kevin, Maikol (Rodrigo m.72), Vicente, David, Yuyo, Carlos Meu Lar (Brais m68), Nico, Paco e Pablo Suárez (Pablo Mouzo m.57)
  • Coristanco: Eloy, Marcos (Álvaro m.75), Mato, Canedo, Antonio, Gonzalo (Gabriel m.58), Iván Pena, Pose (Joaquín m.82), Iván, Mallón (Jorge m.82) e Samuel
  • Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Amonestou a Moriño e Pablo Mouzo do Camariñas; Gonzalo, Canedo, Jorge e Álvaro do Coristanco
  • Goles: 0-1 m.31 Gonzalo; 1-1 m.51 Pose, en propia meta; 2-1 m.77 Yuyo; 3-1 m.81 Yuyo; 4-1 m.89 Yuyo, de penalti
Non todo foi ledicia A remontada e victoria do Camariñas sobre o Coristanco non foi unha festa total para os azuis, que lamentaron a rotura muscular do seu central Maikol, un dos homes fortes nos últimos partidos. Houbo superioridade pataqueira nunha primeira metade na que Gonzalo abreu o marcador cun gran disparo, e estrelou outro no longueiro. Pero desde o retorno dos vestiarios a película foi ben distinta, e tras o afortunado 1-1 para os locais desataríase o punta Yuyo, trigoleador e que incluso tivo nas súas botas opcións para ter asinado algún tanto máis.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios