Venres. 19.04.2024
El tiempo

Liga infantil: a rivalidade Cee - Outes promete emocións fortes

Liga infantil: a rivalidade Cee - Outes promete emocións fortes
Por 2º ano consecutivo temos a U.C.Cee e Outes á fronte da liga infantil da costa. E como as historias se repiten, tamén este ano xogarán na última xornada, e tal e como vai a cousa, a promesa dun partido final onde se decida o título está moi cercana a cumplirse. Na tempada pasada un emocionante 3-3 en Sampaio de Refoxos dou o título ó Cee. Que pasará este ano? O que pasará no último partido a disputar en Outes é todavía unha incognita. O que sabemos é o que está a pasar ata o de agora. O Cee, que caeu no primeiro partido de liga na casa ante a S.D.Sofán, venceu os seguintes 22 partidos para encaramarse no primeiro posto. O Outes so perdeu en Cee, e cedeu un empate ante o Muxía a 2 tantos. Están a mostrar unha superioridade aplastante na categoría. A xeración infantil do Outes, fonte de alegrías no Cunchido O adestrador da S.D. Sofán, Diego Viaño, coméntanos sobre ambos equipos que "ambos equipos son boísimos, quizais me gusta máis o Outes por que xogan máis en equipo, pero o Cee ten rapaces na dianteira decisivos. Do Outes encántame Sergio e Pablo Tuñas, parécenme xogadores de moi alto nivel. No Cee destacaría a Alfredo" Preguntado por como lle ganaron ó Cee, responde que " quizais os pillamos despistados, era a primeira xornada e a nos saíunos todo ben. Dásenos mellor o Cee que o Outes, sen dúbida" O adestrador do Outes, Carlos Fornís, comenta que " a rivalidade entre os dous ven de lonxe, das ligas de fútbol 8, nas que xa nos disputamos as ligas. Esas xeracións de nenos foron medrando e co paso ó fútbol 11 ambos equipos andamos algo por diante dos demais. A tempada pasada a liga decidiuse no minuto 4 de desconto. Houbo emoción ata o final. Esta tempada todo parece indicar que o partido da última xornada vai a ser decisivo. Sería moi bonito" "Con respecto á liga, penso que en xeral está a un nivel un pouco máis baixo que o ano pasado. Pero ten algo moi bo, que somos moitos equipos participantes. Esto da pe a ver varias ligas diferentes na mesma. Gustáronme moito ademais do Cee, o Cerqueda e Os Miudos" O adestrador do Cee, Rubén, comentounos o seguinte: "Estamos a falar de dous dos clubes máis punteiros no fútbol base da Costa. Non sempre se pode competir en tódalas categorías, xa que cando contas con xogadores dun bo nivel, sempre hai clubes que xogan en ligas superiores que che levan medio equipo. Pese a iso, ambos clubes adoitamos competir ben na maioria das categorías. Ogallá se decida todo no último partido de liga, porque eso quere dicir que chegamos alá con opcións! (Risas). De todos xeitos, penso que non nos vai ser nada fácil, a ningun dos dous equipos, chegar alá sen perder ningún partido" "Con respecto á liga, eu penso que a diferenza, en xeral, non é tan grande coma di a clasificación. Calquera pode perder con calquera. De feito, e falo no noso caso, tivemos varios enfrontamentos moi complicados contra equipos da metade baixa da taboa. É difícil valorar o traballo dun equipo tendo en conta un único enfrontamento, porque hai moitos máis factores a ter en conta. O que si é ben certo é que todos os clubes medran, e o fútbol base mellorou un 200% nos últimos anos. Os adestradores cada vez estamos máis formados, e os resultados basta con velos nos terreos de xogo" O Cee unha vez mais candidato ó título infantil

Comentarios