Liga Intermunicipios: Baldaio e Cances seguen ca súa loita


Na segunda metade, voltaría a recortar distanzas no marcador o equipo da parroquia de San Hadrián, logo dun balón en largo que non é quen de despexar a defensa local e transforma o dianteiro visitante en gol. E a falta de cinco minutos para o final, tras un pase atrás do mediocentro do Baldaio, aprovéitao o dianteiroda Piña para roubar e na continuación da xogada é obxector do penalti que supuxo o definitivo empate a tres.
Tres erros do Baldaio que lle poden saír moi caros ao final de tempada.
O Peña Galicia e o Clube Deportivo Rus empatarían a dous goles nun encontro que puido decantarse para calquera dos dous conxuntos. Comezaría adiantándose o equipo local antes do cuarto de hora da primeira metade cunha bonita vaselina de Javi Martínez, pero antes do tempo de lecer o equipo, que dirixe José Manuel Mancebo, daríalle a volta ao encontro con dous goles de Toky, para chegar aos vestiarios co 1 a 2 no instantáneo. Na segunda metade, Javi Martínez faría o gol do empate, que fixo xustiza ao visto sobre o céspede artificial do campo municipal das Eiroas.
O Xornes venciu a domicilio (0-2) ao Laxe nun partido moi igualado, con contadas ocasións para ambos equipos ata o minuto 80, cando os visitantes abriron a lata tras resolver unha melé formada na área laxense. E, cando estaba a piques de finalizar o encontro, o dianteiro do conxunto pontecesán cabecea ao fondo das mallas un balón colgado á área.
E vitoria sufrida do Cereo na súa visita ao Sp. Seaia. Tras dominar a primeira parte, os coristanqueses foron ao vestiario cun marcador favorable de 0 a 2. Os malpicáns reaccionaron tralo descanso e foron superiores ao equipo de José Manuel Rama. Recortarían distanzas no instantáneo mediada a segunda metade e a falta de quince minutos para o final poñerían o empate a dous. Xa co tempo cumprido, Iván faría o definitivo 2 a 3 dende o punto de penalti.
Goleadores
- Iván García, do Cereo CF, con 19 goles.
- Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 14 tantos.
- Gonzalo Zas, do ADCR Baldaio, con 12 dianas.
Máis información
Crónicas da Liga Intermunicipios
- X.13: Liga Intermunicipios: O Baldaio toma o relevo.
- x.12: O Cances pecha o ano no máis alto.
- X.11: O Cances recupera o ritmo.
- X.10: O Baldaio apreta a Liga.
- X.8: O Cances é máis líder.
- X.7: O Cances toma o relevo.
- X.6: O Cereo queda só.
- X.5: O Cereo venceu o duelo e alcanza ao Baldaio.
- X.4: Xornada de empates.
- X.3: O Baldaio recupera o timón.
- X.2: Cambio de Líder.
- X.1: Os favoritos comezan gañando con sufrimento.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes (davidcastro@quepasanacosta.gal).