Venres. 19.04.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: O Cances pecha o ano no máis alto

Liga Intermunicipios: O Cances pecha o ano no máis alto
O Cances da Liga Intermunicipios- Foto-David Castro

O Cances, dirixido por Manolo Rama, remata o 2013 como líder e como claro favorito para relevar ao Sporting Brea como campión da Liga de Intermunicipios.

Nesta xornada, o conxunto da parroquia de San Campio venciu ao Xornes por 2 a 0, nun encontro pouco vistoso para o público presente no Vinculeiro. Os blanquinegros foi superior a un equipo pontecesán que apenas pisou a área local, todo o contrario que o Cances que puido golear pero non foi quen de materializar as múltiples ocasións de gol coas que contou.

O Clube Deportivo Rus venceu a domicilio (1-3) ao Valenza nun partido no que a primeira metade foi totalmente dominada polos carballeses e chegaríase ao descanso cun claro 0 a 3 no marcador favorable ao Rus. Á volta do tempo de lecer, os coristanques saldrían con outra cara e dominarían os primeiros vinte minutos, nos cales fixeron o gol e incluso terían ocasións para acadar o empate pero non transformaron as constantes ocasións e a partir da metade deste segundo tempo, o Rus voltaría a coller o mando ata o pitido final, donde os dous equipos contaron con opcións para facer gol pero faríano sen demasiado acerto.

O Peña Galicia e o Cereo empatarían a tres goles nun encontro aberto e que resultou moi entretido para o público asistente. Adiantaríanse os visitantes aos cinco minutos do comezo cun gol de Iván, pero responderían os carballeses con dous goles de Mourín e un de Carlos. A volta do tempo de lecer, empataría o Cereo con outro gol do pichichi, que suma e sigue, e cunha falta que transformou Roberto coa inestimable colaboración do porteiro do conxunto verde. Os coristanqueses rematarían o encontro con nove xogadores, ante unha actuación arbitral moi protestada por parte dos amarelos.

O que perdiu a estela do líder foi o Sporting Brea que empatou co ADC A Piña (1-1) nun partido non que a posesión estivo igualada pero foi o equipo local quen contou coas ocasións máis claras de cara a gol pero non foi que de materializalas.
Mal sabor de boca foi o que deixou o resultado final na plantilla do Sporting Brea mentras que nos visitantes o punto acadado soubo a gloria e máis logo do que se viu sobre o terreo de xogo.

O Baldaio venceu a domicilio ao Laxe (0-3) nun encontro que estivo condicionado pola temperá e xusta expulsión do láxense Borja. A partir desto os de A Pedra do Sal non perdonaron e incluso a renda de goles puido ser maior, nun partido apacible para o conxunto baldaiés.

Goleadores

  • Iván García, do Cereo CF, con 18 goles.
  • Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 13 tantos.
  • Jorge Abelenda, do Sporting Brea, con 11 dianas.

Agora a liga de intermunicipios terá descanso ata o domingo 12 de xaneiro do próximo ano.

Máis información

Crónicas da Liga Intermunicipios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios