Venres. 29.03.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: O Cances é máis líder

Liga Intermunicipios: O Cances é máis líder
Sp Brea-Cereo-Foto-David Castro A Liga Intermunicipios de Bergantiños está patrocinada polo Mesón de Carmiña O Cances é todavía máis líder logo de vencer ao Cereo, o segundo clasificado, porun contundente 5 a 2. O conxunto rossonero pasou por riba dos coristanqueses, a pesar dos contratempos sufridos durante o encontro. Cando se chegou ao descanso, o instantáneo reflexaba un 2-0 favorable aos locais a pesar de estar xogando con dez xogadores dende o minuto 20. Nada máis voltar dos vestiarios os de Cances farían o terceiro da tarde. Recortaría distancias David para o Cereo e cinco minutos despois expulsarían a outro xogador local, pero a pesar desto os da parroquia de San Campio serían quen de aumentar a súa vantaxe cunha falta executada por Edgar. Cando faltaba un cuarto de hora para o final do encontro sería expulsado o pichichi da competición, Iván e xa no tempo engadido tamén tería que abandonar o terreo de xogo, o xogador visitante, Alberto. No tramo final do encontro chegarían os tantos que poñerían o definitivo 5 a 2, nun partido no que os dous equipos terminaron con 9 xogadores. Partido igualado o que se viviu no Municipal do Pinguel entre o terceiro clasificado, o Baldaio e o equipo local, o Xornes. Os dous equipos fixeron méritos para levarse os tres puntos pero no que o empate final (2 – 2) foi o resultado máis xusto. Pouco antes do remate do encontro os locais quedarían cun home menos por unha xusta expulsión. O Sporting Seaia aprende a gañar ante un Laxe (2 – 5), que segue sin sumar a pesar de que vai mellorando semana a semana. Resultado enganoso xa que os malpicáns non foron tan superiores aos locais, pero si souperon aproveitar as súas oportunidades. Os fallos de cara a gol e as boas intervencións do porteiro visitante impediron ao Laxe sacar algo de proveito neste encontro. Cabe destacar que o partido celebrado o domingo no municipal Cabo de Area houbo unha gran cantidade de interrupcións con algunhas faltas moi duras provocadas pola permisividade do colexiado que non soubo parar o excesivo xogo duro. Partido aburrido e empalagoso o que xogaron o Peña Galicia e o A Piña, no que houbo moitos máis goles que fútbol. Tan só un par de accións aisladas do visitante Jesús desnivelaron un encontro moi igualado na primeira metade. Na segunda metade cos locais botados ao ataque chegaron os goles de A Piña. O gol da honra para os verdes, faríao Cristian Mourín para poñer o definitivo 1 - 5. O Sporting Brea venciu ao Valenza na súa visita a terras coristanquesas, no seu intento de seguir na loita pola liga. Viuse un encontro con moito balón en largo e pouco fútbol de toque. Na primeira metade, os visitantes contaron con varias ocasións de gol que non materializaron mentras que por parte do Valenza non houbo claras oportunidades. Na segunda metade, adiantaríase o Sporting cun gol de Diego de cabeza, pero Vili cun lanzamento de libre directo faría a igualada. A partir do gol dos locais, o equipo da parroquia coristanquesa sería quen de poñer en apuros durante un tramo de vinte minutos. Pero sería o Sporting Brea quen se levaría os tres puntos nunha xogada desgraciada para os locais, xa que o definitivo 1 – 2 sería en propia porta.

Goleadores

  • Iván García, CF Cereo, con 17 goles.
  • Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 11 tantos.
  • Iván Pena, Sporting Brea, con 7 dianas.
  • Walter Villar, do Xornes, con 7 goles.
  • Edgar Rey, do Cances, con 7 tantos.

Máis información

Crónicas da Liga Intermunicipios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios