Liga Intermunicipios: Cances e Baldaio quedan sós na loita
O Cances e o Baldaio seguen ao seu mentres o Sporting Brea se descolga logo da súa derrota en Cereo.
O líder goleou ao Laxe (6-0) a pesar de que os visitantes aguantaron ben a primeira metade e tan só recibirían un gol e sería dende o punto de penalti. Á volta do descanso, o Cances foi moi superior aos laxenses e as ocasións de gol eran constantes, fruto desto chegaron os cinco goles que cerraron o marcador final.
Partido plácido o que tuvo o segundo clasificado ante o Sporting Seaia. Pronto se poñería con catro goles de vantaxe no instantáneo, pero antes do descanso os malpicáns recortaría distanzas cun penalti que tan só viu o colexiado. A segunda metade sería de trámite e ambos equipos farían cadanseu gol para poñer o definitivo 5 a 2. O máis destacado do encontro foron as cinco dianas que anotou o dianteiro baldaiés Gonzalo Zas.
Derrota do Sporting Brea contra o Cereo nun campo impraticable. Comezaría adiantándose o equipo visitante aos sete minutos de partido pero o equipo amarelo non se viría abaixo e tería dúas claras ocasións de gol para acadar o empate pero non foron quen de materializalas, mentras que os carballeses voltarían a ver porta para facer o 0 a 2. Pero antes do tempo de lecer, David dende o punto de penalti recortaría distanzas no marcador. Á volta do descanso, o Cereo melloraría o seu xogo e froito desto chegaría o empate cun gran gol de Iván. E cando o partido estaba chegando ao seu fin, Esteban faría o gol que supuxo o definitivo 3-2.
O Clube Deportivo Rus venciu (4-1) ao ADC A Piña nun partido que case dominou na súa totalidade. Comezaría gañando o equipo local no minuto 20 e un cuarto de hora despois aumentaría a súa renta. A partir deste segundo gol, os visitantes dominarían o encontro ata o tempo de lecer pero sen sorte de cara a gol. Á volta do descanso, o Rus voltaría a coller o mando do partido e sentenciaría antes do cuarto de hora desta segunda metade con dous goles case consecutivos. Os da Piña recortarían distanzas no marcador pero xa sería demasiado tarde.
O Xornes perdiu o seu partido ante o Peña Galicia (0-3) por alineación indebida, que lle supón unha sanción de tres puntos.
Goleadores
- Iván García, do Cereo CF, con 20 goles.
- Gonzalo Zas, do ADCR Baldaio, con 17 tantos.
Máis información
Crónicas da Liga Intermunicipios
- X.14: Liga Intermunicipios: Baldaio e Cances seguen ca súa loita.
- X.13: Liga Intermunicipios: O Baldaio toma o relevo.
- x.12: O Cances pecha o ano no máis alto.
- X.11: O Cances recupera o ritmo.
- X.10: O Baldaio apreta a Liga.
- X.8: O Cances é máis líder.
- X.7: O Cances toma o relevo.
- X.6: O Cereo queda só.
- X.5: O Cereo venceu o duelo e alcanza ao Baldaio.
- X.4: Xornada de empates.
- X.3: O Baldaio recupera o timón.
- X.2: Cambio de Líder.
- X.1: Os favoritos comezan gañando con sufrimento.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes ([email protected]).