Ligas Galegas: Doble tropezo pero boas sensacións
Non foi boa a fin de semana para os Dumbrías das Ligas Autonómicas. Dñuas derrotas que saben a pouco, pois tanto os xuvenís de Lobelos e Leis como os cadetes de Huelvis mereceron algo máis.
Liga Galega Xuvenil, xornada 11
- Resultado: Dumbría - Lalín (0-1)
- Dumbría: Bruno, Jacobo, Jose Miguel, Pablo, Roberto, Yeray, Marcos Mouro, Edu, Mauro, Juan de Dora e Javi. Tamén xogaron: Eloy, Borja, Maikel e Raúl.
- Goles: 0-1, m.75.
Partido con moi pouco ritmo, aínda que o Dumbría foi máis dominador, en ningún momento logrou romper o partido. As mellores ocasions foron dos costeiros, Mauro, Juan de Dora e Borja tiveron as máis claras, pero ou ben non acertaron ou o porteiro do Lalin estivo máis entonado. O Lalín facía perigo a balón parado, ademais de nun centro chut que se envenenou e acabou pegando no pau.
A 15 do final nunha falta lateral rematada de cabeza chegou o gol do Lalín. Tocaba arriscar aí ao cadro dumbriés e tivo o empate. Nada menos que un penalti. Juan de Dora lanzou pero o porteiro acertou e parouno. Seguiu atacando ata o final do Dumbría pero non logrou o empate.
División de Honra Cadete, xornada 11
- Resultado: Conxo - Dumbría (3-1)
- Dumbría: Juan; Martín, Ayoze, Luís Mayán (Brais Rey, m.67), Juan Álvarez (Luís Lojo, m.62); Brais Fernández (Mario, m.62), Josiño; Adrián, Carlos, Fabio (Jonny, m.82) e Brandon.
- Goles: 1-0, m.25: Lorenzo aproveita unha contra santiaguesa. 1-1, m.27: Carlos fusila coa dereita doblando as mans do porteiro do Conxo, logo dun bo pase de Brandon; 2-1, m.58: Varela tras unha xogada individual; 3-1, m.60: Joel de forte disparo desde 25 metros.
Sin puntos pero ca cabeza alta regresou o Dumbría da súa visita a Villestro para xogar cun Conxo veloz, e cun puntiño de agresividade superior. O partido estivo equilibrado no primeiro acto, co Dumbría apretando en campo contrario e xerando perigo logo das recuperacións con Brandon e Carlos, e o Conxo pendiente de cerrar filas, recuperar e correr cun lorenzo bulideiro na punta de lanza, ademais de volcarse en cada balón parado.
O partido desnivelouse nunha contra santiaguesa, onde quizais faltou entendemento entre a liña defensiva e o porteiro, e o atacante santiagués aproveitouse do despiste. Non baixou o Dumbria a súa intensidade, e ós 2 minutos, Brandon descolgábase á media munta, e filtraba un bo pase para que a enorme potencia de Carlos fixera o resto. Zambombazo coa dereita do baiés, que o porteiro do Conxo non é quen de rexeitar. Nos últimos 10 minutos de primeiro tempo seguiu o Dumbria acercándose o portal local, con Fabio e Adrián superando ós seus pares
O segundo tempo empezou con asedio dumbriés, velocidade e bo xogo, poñendo en moitos apretos á meta local. Primeiro Carlos prantábase só e enviaba desviaddo, o mesmo que Adrián. Noutra combinación, Carlos asistia a Brandon, que desde o punto de penalti axustaba ó pau, pero o meta facía unha parada miragreira. Cando se mascaba o gol visitante, chegou unha contra veloz do Conxo, e unha boa acción individual, remataba co segundo do Conxo.
Este golpe afectou o Dumbría, que vía como 2 minutos despois, un tralazo lonxano se transformaba no terceiro. O Dumbria tratou de volcarse, e o Conxo interrumpía cada arremetida con faltas, para evitar a progresión. Nos últimos minutos, un remate o pau de Carlos foi o triste epílogo dun equipo que o buscou de tódalas maneiras posibles, que tivo ocasións para gañar, pero que veu sin premio, e complica a súa clasificación.
Agora veñen partidos importantes para sacar a cabeza, e coa actitude do pasado sábado é máis que probable que se volva á senda vitoriosa.
Crónicas das Ligas Autonómicas
- X.1: Primeiro paso, adiante.
- X.3: Un liderato e un primeiro punto para medrar.
- X.4: Tarde de alta escola no Conco.
- X.5: Unha cara derrota e unha doce vitoria.
- X.7: Líderes e internacionais.
- X.8: Un liderado con vitoria frouxa e un empate con xogo bonito.
- X.9: Xornada para esquecer.
- X.10: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Un Poroto corcubionés.
- 2ª Autonómica: Só falta o Chiringuito.
- 1ª Autonómica: Os derbis son cousa do Outes<.
- Preferente: Reciprocidade involutiva.
- Unha escola vella e bella.
Novas relacionadas
Máis información
- Xa temos o cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).