Ligas Galegas: Duro pau, para ben e para mal


Duro pau sufriu o Cadete dumbriés ante un rival directo, que deixa aos de Huelvis a 8 puntos da permanencia. Era o partido, e o equipo non tivo sorte. Pero aínda está moi vivo.
Pola contra, os Xuvenís seguen pelexando polo ascenso, e se ben o líder, o Vilalbés, parece que escapa, o 2º posto está a só 1 punto, trala goleada ao Imperátor. O que pegou o pau foi Juan de Dora, anotando un repóker.
Liga Galega Xuvenil, xornada 20
- Resultado: Dumbría - Impératos (6-2)
- Dumbría: Jorge, Roberto, Jose Miguel, Eloy, Canario, Yeray, Mauro, Maikel, Edu, Juan de Dora e Ismael. Tamén xogaron : Borja. Jacobo, Raúl e Abuelo.
- Goles: 1-0, m.10: Isma; 2-0, m.20: Juan de Dora; 2-1, m.50; 3-1, m.60: Juan de Dora; 4-1, m.80: Juan de Dora; 5-1, m.83: Juam de Dora; 5-2, m.85; 6-2, m.89: Juan de Dora.
- Expulsión: Jose Miguel por protestar no min.40.
Matando á contra con Juan de Dora como o "matador"
Bo partido do Dumbria que saeu enchufado e xa aos 20 minutos gañaba 2-0 cun gol de Isma e outro de Juan de Dora, de novo o gran protagonista do partido, anotando 5 goles, sumando xa 21 goles en 19 partidos xogados.
Quedaba con 10 antes do descanso o equipo de Leis e Lobelos, e nada máis saír dos vestiarios recurtaban os herculinos. Pero a partir de aí, á contra, foron chegando os goles locais.
A mala nova, as lesións ou molestias, que impediu aos adestradores facer as rotacións.
División de Honra Cadete, xornada 20
- Resultado: Dumbría - Pabellón (0-4)
- Dumbría: Juan Berdullas, Josiño, Ayoze, Luís Mayán, Erre, Juan Álvarez, Brais Fdez., Fabio, Martín; Adrián e Tajes. Tamén xogaron: Fran Moreira, Lojo, Mario e Moisés.
Duro pau
Non foi un gran rival pero o Dumbría sufriu un gran pau ante un rival directo. Parece que o tren do Pabellón xa marchou, pero o equipo queda a 8 puntos da permanencia, e con choques ante rivais directos.
Veuse superior o Dumbría ante un Pabellón sabía ao que xogar. Aguantaron ben os ourensáns, e sacaron un par de contras, metéronse 0-2. E a partir de aí xa foi moi difícil erguerse, e estando demasiados atenazados, sabendo da importancia do partido e os nervos puideron cos rapaces.
Perderon Adrián Canosa, que con Carlos son os dous xogadores con máis xenio do equipo. O segundo xa non está para toda a tempada, e o primeiro sufriu unha lesión no xeonllo que non ten boa pinta.
A única boa nova vai este martes á súa primeira convocatoria na Selección Galega sub-16 (xa estivo na Coruñesa) a un adestramento.
"Hai que manterse vivos. O equipo está traballando moi ben e só falta a sorte do marcador", sinala Huelvis. Veremos este vindeiro sábado ante o Bora, noutra final, se o equipo ten máis sorte.
Crónicas das Ligas Autonómicas
- X.1: Primeiro paso, adiante.
- X.3: Un liderato e un primeiro punto para medrar.
- X.4: Tarde de alta escola no Conco.
- X.5: Unha cara derrota e unha doce vitoria.
- X.7: Líderes e internacionais.
- X.8: Un liderado con vitoria frouxa e un empate con xogo bonito.
- X.9: Xornada para esquecer.
- X.10: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil.
- X.11: Doble tropezo pero boas sensacións.
- .12: Un empate con susto.
- X.13: Podemos ata co líder.
- X.15: Doble alegría.
- X.17: Sumando por Carlos.
- X.18: Os Xuvenís manteñen o pulso polo ascenso.
- X.19: De ti a ti ao Dépor.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).