Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Hai vida para os cadetes

Ligas Galegas: Hai vida para os cadetes
O Dumbria cadete esta vivo O Dumbría cadete está vivo

”É moi importante esta vitoria como a do sábado, para que os propios rapaces vexan do que somos capaces. Sempre competimos ben, e os rivais directos aínda teñen que vir ao Conco. Nós seguimos sen baixar os brazos, seguimos entrenando ben, e agora estamos a 8 puntos do Conxo, e os de abaixo teñen un calendario moi complicado. Sumando na casa máis un par fóra estaremos pelexando ben arriba”.

Son as palabras de Huelvis, adestrador do equipo cadete do Dumbría, que necesitaba esta vitoria como auga de maio tras 7 derrotas e un empate nos últimos 8 partidos. Aínda así o equipo poderá meterse na loita pola permanencia, porque competir, o equipo compite, e parece que a sorte se puxo de cara, como demostrou ese gol a 10 do final de rebote que cambiou o signo do partido.

Pola súa banda os xuvenís deixáronse 2 puntos na Coruña e quedan a 3 da segunda praza de ascenso.

 

Liga Galega Xuvenil, xornada 24

  • Resultado: Victoria B - Dumbría (0-0)
  • Dumbría: Jorge, Pablo, Canario, Yeray, Jose Miguel, Marcos Mouro, Gabi, Mauro., Juan de Dora, Maikel e Javi. Tamén xogaron: Jacobo, Borja e Edu.

Con susto

Partido moi intenso e marcado polo forte vento e a chuvia, xa marcado por unha acción perigosa aos 5 minutos. Canario nun balón dividido acabou pegando ca portería de Futbol 8 no lateral do campo e tivo que ser trasladado ao San Rafael para explorar a rodilla esquerda. Afortunadamente todo parace que vai quedar nun forte golpe. Tras o susto o equipo refixose e supliu ben a baixa do seu capitán, xogador moi importante no esquema de Lobelos.

Na primeira parte os costeiros xogaron en contra do vento e dificultou moito o xogo pero ambos equipos optaron por xogar e combinar e viuse un gran partido. Juan de Dora, Maikel e Javi levaron perigo pero a ocasión máis clara tívoa Jose Miguel que disparou o pau tras unha preciosa xogada combinativa dende área propia.

Na segunda parte o Victoria foi recuando ante a presión do Dumbría que alternou combinación con balóns longos ás costas dos defensas coruñeses, Edu, Borja, Javi e Juan de Dora rozaron o gol pero unhas veces a mala punteria e outras o porteiro local impediron o gol. A balón parado Marcos, Yeray e Pablo estiveron a punto de marcar, e a 10m do final un penalti a Juan de Dora non foi visto polo arbitro o que impediu que se movese o marcador./p>  

División de Honra Cadete, xornada 24

  • Resultado: Dumbría - Valmiñor (2-1)
  • Dumbría: Juan, Moisés (Mario, m.65), Ayoze, Luís Mayán, Erre, Brais Fdez. (Jony, m.75), Josiño, Fabio (Lojo, m.54), Martín, Juan Álvarez e Tajes (Esteban, m.72).
  • Goles: 0-1, m.45; 1-1, m.70: Lojo centra e toca nun defensa e se cola; 2-1, m.74: Josiño tras un rexeite nun córner.

Hai esperanza, hai equipo

Foi moi superiores ao Valmiñor o cadro dumbriés, e de feito era incrible que ata o minuto 70 non foran por diante. Pero a base de casta e orgullo, o equipo costeiro sacou 3 puntos que os meten de novo na pelexa.

Levaban 4 ocasións (3 de Martín e un gol anulado por dubidos fóra de xogo) clarísimas no descanso ante un equipo da metade da táboa, pero estaba sen sorte, pois o marcador podería sinalar un 4-1 ao descanso tranquilamente. O segundo comezou cun gol visitante por unha falta de atención. Tocaba arriscar con 3 defensas, levando o balón polas bandas e creando ocasión. Faltando 10 minutos, cambiou a sorte (“xa era hora de ter algo de sorte”), e nunha xogada de Erre, o centro de Lojo tocou un defensa e entrou. Aínda tivemos 3 ou 4 ocasións, e nun dos córner Josiño aproveitou un rexeite para darlle os 3 puntos.

Cómpre destacar o traballo de Moisés, infantil, que o fixo xenial nunha posición que non é a súa.

Crónicas das Ligas Autonómicas

Máis información

Fonte

Comentarios