Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ligas Galegas: O Dumbría, por riba do Deportivo

Ligas Galegas: O Dumbría, por riba do Deportivo

"Vexo ao Dumbría por riba do Deportivo". Esta frase apuntábaa Iván Pita, adestrador do Portuarios da Liga Galega Cadete, tras enfrontarse a dumbrieses e deportivistas, e reflicte moi ben como se atopa o cadro costeiro.

Sobre todo tras uinha semana de doble alegría, na que tanto os infantís coma os cadetes sumaron sendas vitorias no Conco.

E xa podedes ver os calendarios de ambas ligas en www.futboldacosta.com.

Comezo implacable do Bergan

Precisamente o Bergantiños tamén disputa estas dúas Ligas, completando a participación da zona na categoría autonómica. Os carballeses están implacables en cadetes e infantís con 3 vitorias en 3 partidos. En cadetes comparten o liderato co Santiago de Compostela e o Deportivo B.
En infantís, están tamén líderes con Victoria e Conxo.

Liga Galega Cadete

Precisamente os cadetes de Diego Lobelos vencían por un apretado 1-0 ao Portuarios. Tras unha primeira metade de dominio os locais se metían por diante con tanto de Damián. Puido sentenciar o Dumbría co vento a favor e na segunda tivo que sufrir os envites do cadro visitante que varias veces fixo lucirse ao meta local. Dende o banco rival viron un gran Dumbría, por riba de outros equipos como Deportivo e Compostela, e destacou o potencial arriba dos xogadores que volven do Deportivo, en especial o punta Marcote.
Os cadetes métense entre os 6 primeiros, con 7 puntos a só 2 do liderato, e se manteñen invitos tras 3 xornadas.

Liga Galega Infantil

Pola súa banda, os infantís recibían a visita do Viveiro, ao que superaban por un xusto 3-2. Os de Juan Purrúa souberon sufrir para acadar a súa primeira vitoria. Tras poñerse por diante con goles en propia e por medio de David, o Viveiro emataba o partido á volta do descanso. Foi Gonzalo o que á hora de xogo facía o gol da vitoria, pero non sen antes sufrir durante uns longos 20 minutos finais.
Con esta vitoria os dumbrieses colócanse 8º con 5 puntos.

Dumbria-Viveiro da Liga Galega Infantil-Foto- Jorge Parri

Vindeira xornada, X.4

Liga Galega Cadete:

Villalbés06/10- 17:00Dumbría
Bergantiños--Calasanz

Liga Galega Infantil:

Lugo06/10- 12:00Dumbría
Bergantiños07/10- 12:00Orillamar

Crónicas das Ligas Galegas

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios