Ligas Galegas: Os Xuvenís manteñen o pulso polo ascenso
Segue o equipo de Óscar Leis e Diego Lobelos en postos de ascenso á Liga Nacional Xuvenil. O Dumbría venceu con solvencia ao Residencia e segue na 2ª praza, a 4 puntos do líder, o Vilalbés, pero co Conxo e o Boiro apretando por detrás.
Pola súa parte, os Cadetes quedaron ca mel nos beizos pois tiñan un empate case que asegurado ante o potente Lugo pero unha xenialidade a 4 minutos do final deixou aos de Huelvis sen premio, e coa necesidade de poñerse a sumar de 3 en 3 para pelexar pola permanencia.
Fabio fixo un partidazo cos Cadetes do Dumbria-Foto-Marta CoronillaLiga Galega Xuvenil, xornada 18
- Resultado: Dumbría - Residencia (2-0)
- Dumbría: Bruno, Jacobo, Raúl Lestón, Canario, Pablo, Marcos Mouro, Gabi, Edu, Mauro, Juan de Dora e Javi. Tamén xogaron: Borja, Jose Miguel, Maikel, Ismael e Yeray.
- Goles: 1-0, m.70: Raúl Lestón a pase de Juan de Dora; 2-0, m.80: Maikel de cabeza a centro de Juan de Dora.
Estocada final
Dominio e ocasións locais durante todo o partido pero sen acerto. Os dumbrieses demostraron bo xogo e intensidade defensiva para roubar e volver a combinar para crear ocasións. Pero os goles tardaron en chegar e o fixeron na parte final. Un balón atrás de Juan de Dora (ademais de marcar tamén asiste) mandouno Raúl a gol e pouco despois un centro tamén de Juan rematouno de cabeza Maikel facendo o definitivo 2-0.
División de Honra Cadete, xornada 18
- Resultado: Dumbría - Lugo (1-3)
- Dumbría: Juan, Esteban (Luís Mayán, m.41), Ayoze, Josiño, Erre, Brais Fdez. (Mario, m.73), Fabio, Martín, Adrián, Juan Álvarez (Lojo, m.65) e Fran Moreira (Brais Tajes, m.52).
- Goles: 1-0, m.10: Adrián tras unha recuperación de Juan Álvarez; 1-1, m.25; 1-2, m.76; 1-3, m.78.
Aguantando ata o final
Parecía que o partido ía estar marcado pola tormenta, pero aguantou o céspede do Conco. E parecía que o Dumbría ía sumar un puntiño pero unha xenialidade a 4 minutos do final decantou o choque para os lucenses.
Saíu o Dumbría aprentando en campo contrario, recuperando balóns en zona de tres cuartos e chegando con perigo e sen sufrir atrás. Despois de marcar Adrián, o Lugo recompúxose, lanzou saídas máis longas, e comezaron a mover o balón con moito criterio, e empezaron a crear problemas pola banda dereita. Así chegou o empate, e fixeron sufrir aos locais no final deste primeiro tempo.
Xuntouse máis o Dumbría á saída dos vestiarios, e defendeu mellor e saíndo en contras perigosas lideradas por Fabio, que fixo un partidazo, e tivo unha gran ocasión. Cando faltaban 15 minutos, tivo o Dumbría o partido nos pés de Tajes que remataba unha deixada de Fabio pero salvaba o porteiro lucense co pé.
Cando parecía que estaba destinado ao empate, apareceu unha xenialidade do mediocentro visitante cun pase magnífico ás costas da defensa que provocou o 1-2. E despois co Dumbría volcado, chegaba o definitivo 1-3.
Puido puntuar o Dumbría que xa o necesita. "Estamos en boa liña de xogo e actitude e teñen que chegar os resultados, e quitando o Dépor esta semana, co que será difícil puntuar, veñen varios partidos que deberíamos sumar ben e meternos na pelexa para a salvación", recoñece o adestrador Huelvis, que sabe que con dúas vitorias métense de cheo na pelexa.
Crónicas das Ligas Autonómicas
- X.1: Primeiro paso, adiante.
- X.3: Un liderato e un primeiro punto para medrar.
- X.4: Tarde de alta escola no Conco.
- X.5: Unha cara derrota e unha doce vitoria.
- X.7: Líderes e internacionais.
- X.8: Un liderado con vitoria frouxa e un empate con xogo bonito.
- X.9: Xornada para esquecer.
- X.10: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil.
- X.11: Doble tropezo pero boas sensacións.
- .12: Un empate con susto.
- X.13: Podemos ata co líder.
- X.15: Doble alegría.
- X.17: Sumando por Carlos.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info∫@quepasanacosta.com).