Ligas Galegas: Podemos co líder
Era un dos partidos da tempada. Chegaba o líder da Liga Galega Xuvenil ao Conco, co Dumbría a 5 puntos de vantaxe. Unha derrota deixaría escapar o liderado e poría en serio perigo a segunda praza. Pero os da "Doble L" responderon e foron superiores ao líder, e sumar 3 puntos que os mantén na loita.
Non tivo tanta sorte o cadro cadete, que caía ante un bo Coruxo e se mantén en postos de descenso a pesar de que as sensacións son boas.
Este martes, toca nova xornada.
Liga Galega Xuvenil, xornada 13
- Resultado: Dumbría - Racing Vilalbés (3-1)
- Dumbría: Bruno, Jacobo, Jose Miguel, Pablo, Roberto, Marcos Mouro, Borja, Mauro, Javi, Isma e Gabi. Tamén xogaron: Raúl, Eloy, Abuelo e Jorge.
- Goles: 1-0, m.20: Isma marca o golazo da tarde; 2-0, m.30: Javi a pase de Isma; 3-0, m.40: Gabi Golpes; 3-1, m.60.
Pode co líder
Impresionante vitoria do Dumbría de Leis e Lobelos ante o líder da categoría, ao que deixa só a 2 puntos. E iso que tiña as baixas de Iván Baña, Canario, Yeray, Juan de Dora, Edu, Toja e Maikel. Pero tamén celebraba o debut de Gabi Golpes, fisterrán que ata agora estaba no Corcubión. Saiu o Dumbría moi intenso na presión e recuperaba moitos balóns e propiciaba que o líder non se sentise cómodo en ningón momento. Froito desa presión empezaron a chegar as ocasións case sempre nos pés de Isma e Javi. Así, un balón no borde da área enganchouno Isma e logrou o golazo da tarde. Co 1-0 o panorama non cambiou e de novo Isma por banda esquerda desfaciase de varios rivales cedéndolle o balón a Javi que fusilou para facer o 2-0. Lonxe de acomodarse o equipo buscou seguir tendo o balón e aumentar a vantaxe, e cunha boa combinación de varios xogadores chegou o 3-0 obra do debutante Gabi Golpes. Tras o descanso o equipo notou o esforzo da primeira metade sumado as poucas posibilidades para refrescar o equipo cos cambios pois só Raúl e Abuelo estaban ao cen por cen. Con eles no banco estaban Eloy con problemas no xeonllo e Jorge, o porteiro suplente tiveron que saír ao campo para axudar o equipo e lograr que os 3 puntos quedasen no Conco. O Vilalbés recortou aos 10m da segunda parte cun bonito gol de cabeza pero o gran esforzo local propiciou un novo triunfo que deixa o equipo no 2º posto.División de Honra Cadete, xornada 13
Dumbria Cadete ante o Coruxo-Foto-Marta Coronilla- Resultado: Dumbría - Coruxo (0-2)
- Dumbría: Isma, Esteban, Ayoze, Luñis Mayán, Juan Álvarez, Josiño, Fabio, Martín, Carlos, Erre e Adrián. Tamén Xogaron: Lojo, Mario, Fran Moreira e Joni.
- Goles: 0-1, m.2: Sergio Rúa; 0-2, m.18: Sergio Rúa.
Un porteirazo vigués no Conco
Non reflicte o resultado o visto no Conco. Marcou o Coruxo na primeira ocasión e nada máis sacar de centro o porteiro sacou un tiro de Adsrián que puido equilibar o partido.
Pero pronto, ao cuarto de hora chegaba o segundo no que foi o último tiro a porta dos vigueses.
A partir de aí, máis dunha hora de dominio territorial dumbriés, xerando ocasións, pero facendo internacional ao porteiro visitante. Carlos, Josiño e Erre nun man a man non podían co meta na primeira metade. E nada máis saír dos vestiarios, outra internada de Erre pola dereita acababa cun remate de Carlos que sacou o porteiro noutro paradón. O Coruxo atrincherouse e pechou ben a súa porta e o equipo dumbriés non puido abrir a lata, pero a sensación é que o equipo recuperou a intensidade e as posibilidades de sumar.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Agra da malleira.
- 2ª Autonómica: Ameaza interior.
- 1ª Autonómica: De ouro no Platas.
- Preferente: Gustazo do Xallas.
- Atasco na operación saída.
Crónicas das Ligas Autonómicas
- X.1: Primeiro paso, adiante.
- X.3: Un liderato e un primeiro punto para medrar.
- X.4: Tarde de alta escola no Conco.
- X.5: Unha cara derrota e unha doce vitoria.
- X.7: Líderes e internacionais.
- X.8: Un liderado con vitoria frouxa e un empate con xogo bonito.
- X.9: Xornada para esquecer.
- X.10: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil.
- X.11: Doble tropezo pero boas sensacións.
- .12: Un empate con susto.
Novas relacionadas
- Corredoira asume o desafío de ascender ao Baíñas.
- “Estoulle sendo infiel ao fútbol… cos meus fillos”.
- O Fútbol Base volve a Pedra Queimada.
- Remata o Curso de Monitor de Fútbol Base de Santa Comba e convócase un novo para Muros.
- Grandes nomes na lista de Pichichis das Ligas da Costa.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).