Ligas Galegas: Pouca marxe para soñar
Dura esta xornada para os equipos dumbrieses. Dúas derrotas que deixan aos dous equipos sen as súas aspiracións. En Xuvenís, o cadro de Leis e Lobelos caía en Lalín por mor da falta de acerto e ven como escapan os dous de arriba, deixando case imposible chegar ás prazas de ascenso. Non era o obxectivo, en todo caso, e a campaña non pasa de ser espectacular, co equipo pelexando pola 3ª praza.
Menos alegrías está a dar este curso o cadro Cadete de Huelvise Diego Cespón. Parecía hai unhas semanas que podía remontar o voo pero os bravos caían esta fin de semana ante o rival directo, un Conxo que marca a salvación, que queda xa a 11 puntos a falta de 6 xornadas, unha xesta case imposible.
Liga Galega Xuvenil, xornada 28
- Resultado: Lalín - Dumbría (1-4)
- Dumbría: Bruno, Roberto, Jose Miguel, Pabo, Kanario, Marcos, Mauro, Edu, abi, Juan de Dora e Maikel. Tamén: Yeray, Borja, Eloy e Toja.
- Goles: 1-0, m.49: en propia meta tras unha falta lateral; 2-0, m.60: de falta pola escuadra; 3-0, m.70; 4-0, m.75; 4-1, m.80: Juan de Dora
Falta de acerto e morte a balón parado
Mala sorte para un Dumbría que deixa escapar aos de arriba. E iso que comezaba ben cunha primeira metade con 3 claras ocasións que marraban os puntas dumbrieses. O lalín apenas creaba perigo a balón parado. Os dous equipos tocaban e trataban de saír xogando pero Maikel e Juan tiveron o gol nas botas antes do descanso, Jose Miguel nunha xogada individual puido adiantar aos nosos pero o porteiro desviou a corner.
Con 0-0 chegouse o descanso e nada máis empezar unha falta lateral pega en Canario e colase na portería para facer o 1-0. Tras o gol, o Dumbíia foi a polo empate e Maikel tivo na cabeza pero o seu remate a porta baleira foise arriba. Noutra falta, esta vez á escuadra, chegou o 2-0, un golazo. O 3-0, en claro fóra de xogo, e o 4-0 chegaron xa co equipo arriscando para recurtar. Juan de Dora faria o 4-1 e el mesmo tirou o pau unha falta. Edu e Jose Miguel puideron marcar pero o porteiro estivo acertado.
A boa nova foi a volta de Javier Rey Toja aos terreos de xogo tras unha longa lesió.
División de Honra Cadete, xornada 28
- Resultado: Dumbría - Conxo (1-2)
- Dumbría: Juan Berdullas; Moi, Ayoze, Luís Mayán, Erre; Josiño, Brais Fernández; Martín, Juan Álvarez, Fabio; Tajes. Tamén xogaron: Lojo e Mario.
- Goles: 0-1, m.5: Lorenzo culmina unha contra santiaguesa; 1-1, m.47: Tajes de vaselina, aproveitándose dun erro da zaga do Conxo; 1-2, m.58: Lorenzo, de tiro cruzado, nun ataque rápido.
Escureceuse o Conco
Día de claroscuros, onde, finalmente se levou o gato á auga o máis oscuro dos escenarios para os intereses costeiros. Unha derrota mínima, dolorosa, que alonxa un pouco máis a luz da salvación para un Dumbría que por méritos mereceu mellor sorte en forma de resultado.
Iso si, o equipo local saiu agarrotado pola trascendencia do partido, sabedor que a vitoria se antollaba vital.
O Conxo cun plan definido de repliegue e presión para recuperar e saír á contra, aproveitouse moi cedo dun erro na circulación do balón do Dumbría e atopou con rapidez ó seu punta Lorenzo que se revolveu con clase no borde da área para adiantar no marcador o equipo visitante. Os locais acusaron e moito o golpe. Custoulles desembarazarse dos nervios e da presión do rival. Foi aí cando apareceu Fabio, que empezou a facerse co dominio do balón e a xerar opcións de ataque ben pola esquerda con Erre, ben coa profundidade de Tajes, que enviaba ó lateral da rede un bo pase do ceense, cando as opcións de gol eran claras. Pouco a pouco o partido equilibrouse. Ayoze comezou a neutralizar os ataques do Conxo, e o descanso foi unha boa nova. Logo del, o Dumbría pareceuse á súa mellor versión. Moitísimo máis intenso, confiado no seu xogo e cualidades, encerrou ó Conxo desde o principio. Durante os primeiros 10 minutos xenerou 5 opcións de perigo, levando o balón ás bandas, sobre todo na esquerda con Juan e Erre, habilitados por un Fabio moi enchufado. Tajes avisou primeiro cun remate de cabeza cruzado. Non perdonou na segunda, perseguindo un balón dividido e gañandolle a partida cunha vaselina ó porteiro e centrais do Conxo. Empate, e moito tempo por xogar. Durante 5 minutos, o Dumbría seguiu poñendo cerco á portería rival, e Fabio, cun gran tiro rozou o longueiro e a remontada.
Nesa avalancha dumbriesa, o Conxo foi quen de roubar unha pelota en medio campo, e facerlla chegar ó seu dianteiro, que dentro da área definiu con clase e tranquilidade. Xerro de auga moi fría para a reacción local, tamén no climatolóxico. Para completar a mañá, unha treboada de saraiba facía que o colexiado detivera o encontro durante uns 5 minutos, levando ós xogadores ós vestiarios.
Na reanudación, Huelvis e Cespón arriscaron metendo no campo a Lojo e deixando unha defensa de 3, buscando a amplitude do xogo por bandas para xenerar superioridades e centros. O estado do campo complicouse, con moita auga que facía difícil a circulación do balón. Ainda así, con orgullo e paixón, o Dumbría trataba de sobrepoñerse. E atopou as ocasións a balón parado. Unha falta de Fabio repelíaa o proteiro do Conxo a córner, que logo remataba Ayoze alto. Outra falta lonxana de Josiño, era rematada por Fabio a gol, pero o trío arbitral anulaba o tanto por un fóra de xogo bastante dubidoso.
O Dumbría tentouno de tódalas formas posibles, pero non foi que de superar a un Conxo que se defendiu con uñas e dentes consciente da importancia dos puntos en xogo.
Para os costeiros queda o orgullo e cabeza alta de competir ata o último alento neste partido e nos que quedan, para tratar de sumar vitorias e chegar a unha orilla da salvación que se vislumbra complicada pero non imposible, visto o orgullo e predisposición cos que trata de pelexar cada partido este Dumbría cadete.
Crónicas das Ligas Autonómicas
- X.1: Primeiro paso, adiante.
- X.3: Un liderato e un primeiro punto para medrar.
- X.4: Tarde de alta escola no Conco.
- X.5: Unha cara derrota e unha doce vitoria.
- X.7: Líderes e internacionais.
- X.8: Un liderado con vitoria frouxa e un empate con xogo bonito.
- X.9: Xornada para esquecer.
- X.10: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil.
- X.11: Doble tropezo pero boas sensacións.
- .12: Un empate con susto.
- X.13: Podemos ata co líder.
- X.15: Doble alegría.
- X.17: Sumando por Carlos.
- X.18: Os Xuvenís manteñen o pulso polo ascenso.
- X.19: De ti a ti ao Dépor.
- X. 21: Duro varapau.
- X.22: Dúas finais, unha alegría.
- X.23: Un potiño quente e un xerro de auga fría.
- X.24: Hai vida para os cadetes.
- X.25: Cambio de papeis.
- X.26: Empates sen premio.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).