Ligas Galegas: Un empate con susto
Tivo que pasar o xuvenil dumbriés Edu unha noite no Hospital tras un forte golpe na cabeza recibido polo meta do Bergantiños. Afortunadamente non foi a máis e Edu recupérase xa na súa casa. Así e todo o cadro dumbriés non sacou máis que un empate da súa visita a Carballo, e ve como o Vilalbés escapa a 5 puntos. Os de Leis e Lobelos manteñen aínda así unha boa 2ª praza.
Dolorosa derrota dos cadetes nun partido dos da súa Liga, e cun resultado máis abultado do visto no campo. Unha derrota que os deixa en postos de descenso, a 4 da salvación.
Liga Galega Xuvenil, xornada 12
- Resultado: Bergantiños - Dumbría (1-1).
- Dumbría: Jorge, Jacobo, Jose Miguel, Eloy, Roberto, Yeray, Marcos Mouro, Edu, Maikel, Mauro e Juan de Dora. Tamén xogaron: Borja, Ismael e Javi.
- Goles: 0-1, m.25: Borja marca un golazo dende fóra da área; 1-1, m.55.
- Lesión: Edu levou un forte golpe e acabou no Hospital. Afortunadamente despois das exploracións e quedar unha noite en exploracións, quedou nun susto.
- Expulsión: Juan de Dora por unha suposta agresión dende o chan tras sufrir unha forte entrada.
Partido bronco, cun Bergantiños buscando continuamente cortar o xogo, beneficiado por un colexiado demasiado permisivo e que todas as decisions dudosas caian do lado local.
No minuto 4 un salto de Edu a por un balón topase ca saída do porteiro carballés que golpea cos puños na cabeza de Edu que queda inmóbil no chan. Tras atendelo, o equipo técnico dumbriés nota que está desorientado, non sabía onde estaba e non tiña sensibilidade nunha perna polo que automaticamente Óscar Leis trasladouse con el ao Hospital San Rafael da Coruña.
A pesar do mal momento vivido polos compañeiros repuxéronse e chegaron o descanso con ventaxa no marcador tas un golazo de Borja desde fora da area.
No inicio da segunda parte unha dura entrada a Juan de Dora convírtese na sua propia expulsión por entender o árbitro que no chan Juan agrediu a un contrario. Protestaron os dumbrieses esta polémica decisión, e tamén varios saques de banda pitados erroneamente polo colexiado a pesar das indicacións do asistente. Nun deses saques, o Bergantiños lograba o empate. Con dez o Bergan chegou algo máis á portería de Jorge pero nos minutos finais Javi tivo un man a man que non foi capaz de resolver e Ismael tiro o pau. Un desconto de 8 minutos e medio acabou de irritar a parroquia dumbriesa que veu moi molesta co trato recibido polo colexiado.
No hospital na Coruña Edu foi examinado e despois de descartar calquera tipo de lesión, tras varias probas entre elas un TAC quedou ingresado en observacion ata o luns a mediodía que recibiu a alta. Xa descansa na súa casa.
División de Honra Cadete, xornada 11
- Resultado: Dumbría - Areosa (1-4).
- Dumbría: Juan (Isma, m.75), Martín, Ayoze, Luís Mayán, Juan Álvarez, Josiño, Brais Fdez., Mario (Adrián, m.41), Carlos, Fabio (erre, m.52) e Brandon (Tajes,m. 59) (Esteban, m.73).
- Goles: 0-1, m.2: Tomás nun córner; 0-2, m.14: Pablo; 0-3, m.22: Antón; 1-3, m.34: Brandon de penalti; 1-4, m.65: Antón.
- Lesións: Tajes cunha escordadura de nocello e Juan Álvarez cunha contusión no muslo; e Brandon tocado.
Saíu o Dumbría sen demasiada intensidade e no primeiro córner, gol en contra, a pesar de que sabían do potencial do Areosa a balón parado. Neses primeiros 20 minutos, despois do primeiro gol, baixaron os brazos os locais e así caeron dous goles máis. A partir de aí comezou a tocar con criterio o cadro de Huelvis, e a entrar con Martín pola banda. Tiveron aí varias xogadas de gol, como unha falta lambendo ao pau de Carlos, e unha que tivo que sacar a defensa baixo paus, ademais do tanto de Brandon de penalti.
Se acabaron ben o primeiro tempo os dumbrieses, tamén o comezaron con forza, pois coa entrada de Erre, que voltaba despois dun mes fóra por lesión e foi convocado ademais ca Selección Coruñesa sub-15, tiñan máis profundidade por banda esquerda. Tivo un man a man Erre e Brando tamén quedou só diante do porteiro pero mandou ao lateral da rede. Estaba máis preto o 2-3 que o 1-4, pero nun balón longo chegou o cuarto tanto que acabou o partido.
Ten que tratar este Dumbría de volver á escencia de comezo de temporada, un equio moito máis sólido defensivamente e non sufrir desconexións de intensidade. Ademais, cada erro supón gol do contrario mentres o equipo segue sen aproveitar as ocasións. Agora tocan tres partidos nos que hai que sumar para non descolgarse nesta longa liga.
Crónicas das Ligas Autonómicas
- X.1: Primeiro paso, adiante.
- X.3: Un liderato e un primeiro punto para medrar.
- X.4: Tarde de alta escola no Conco.
- X.5: Unha cara derrota e unha doce vitoria.
- X.7: Líderes e internacionais.
- X.8: Un liderado con vitoria frouxa e un empate con xogo bonito.
- X.9: Xornada para esquecer.
- X.10: O Dumbría volve mandar na Liga Galega Xuvenil.
- X.11: Doble tropezo pero boas sensacións.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica : O Laxe, único equipo invicto do Fútbol da Costa.
- 2ª Autonómica: As sillas eléctricas.
- 1ª Autonómica: A semana sen sentido.
- Preferente: Vaia ‘racha’ na Laracha.
- Jeckyll, Hyde e outras personaxes da Costa.
Novas relacionadas
- “Estoulle sendo infiel ao fútbol… cos meus fillos”.
- O Fútbol Base volve a Pedra Queimada.
- Remata o Curso de Monitor de Fútbol Base de Santa Comba e convócase un novo para Muros.
- Grandes nomes na lista de Pichichis das Ligas da Costa.
- TNT Yanki.
Máis información
- Xa temos o cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).