Martes. 15.10.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Un liderato e un primeiro punto para medrar

Ligas Galegas: Un liderato e un primeiro punto para medrar
O Dumbría cadete xa sabe sumar -Foto do plantel en Lugo-Endie Don Rua O Dumbría cadete xa sabe sumar -Foto do plantel en Lugo-Endie Don Rua Boa xornada para os equipos dumbrieses en Ligas Autonómicas. O Dumbría Xuvenil colócase colíder da táboa tras golear a todo un Impérator e segue sen coñecer a derrota tras 3 xornadas. Ademais, os cadetes sumaron o seu primeiro punto da tempada na máxima categoría, que lles vale para afrontar o futuro con maior esperanza e sen tanta tensión. E fermosa tarde de Fútbol que se preve para este sábado cando o Conco acolla o choque dos xuvenís de Liga Galega ás 17:00h co Val e dos Cadetes de Divisón de Honra ás 19:00h ante o Bora.

Liga Galega Xuvenil, xornada 3

Imperátor – Dumbría (1-5)

  • Dumbría: Jorge, Eloy, Jose Miguel, Canario, Yeray, Mauro, Borja, Edu, Maikel, Juan e Javi. Tamén xogaron: Bruno, Isma, Raúl, Toja e Abuelo.
  • Goles: 0-1, m.28: Javi; 0-2, m.43: Javi; 1-2, m.44; 1-3, m.66: Juan de Dora; 1-4, m.75: Juan de Dora; 1-5, m.83: Isma.
Impresionante este Dumbría da “Doble L”. Dominio por completo ao cadro herculino e volveu da Coruña con 3 puntos e o liderato. 2 goles de Javi na primeira parte a pase juan de Dora daban conta da superioridade dumbriesa pero antes do descanso metíanse os vermellos no partido co 2-1. Non deron opción os da Costa e dous tantos de Juan de Dora e outro de Isma completaron a goleada e demostraron a superiorade.  

División de Honra Cadete, xornada 3

Pabellón Ourense – Dumbría (1-1)

  • Dumbría: Juan Berdullas; Esteban (Juan Álvarez, m.58), Josiño, Luís Mayán, Erre, Fabio, Carlos (Brais Rey, m.75), Martin (Fran Moreira, m.62), Lojo (Tajes, m.41), Adrián e Brandón.
  • Goles: 0-1, m.10: Brandón aproveita un bo pase de Adrián para definir diante do porteiro; 1-1, m.33.
Punto traballado e merecido, que incluso poideron ser os 3, o que se trouxo o Dumbría cadete da capital das Burgas, diante dun Pabellón moi correoso, nunha tarde de calor abafante, por enrriba dos 30 grados a do sábado ourensán. O partido comezou moi ben para os costeiros, con intensidade na presión e recuperacións en campo contrario que empezaron a permitir contras perigosas. Nunha desas chegou o gol de Brandon, ben habilitado.por Adrián. Incluso o propio dianteiro.camariñán tivo o segundo, cando o Pabellón parecía noqueado. Mediado o primeiro periodo, o Pabellón foise estirando, primeiro con varias accións a balón parado, e tamén con balóns profundos cara os seus incisivos puntas. Así chegou o empate e algunha aproximación máis dos ourensáns. No segundo tempo o Dumbría recuperou o pulso ó encontro, cunha maior solidez defensiva capitaneada por un gran Josiño, e pouco a pouco creando situacións de perigo. Brandón volveu a enchufarse e a facer dano pola dereita. Nun pase longo de Fabio, Tajes prantouse só ante o gardaredes local, e a súa vaselina acabou en gol, pero foi anulado por un máis que dubidoso fora de xogo. Houbo tempo para algunha ocasión máis para os 2 equipos, sobre todo para os costeiros, pero o marcadou continuou en empate.

Crónicas das Ligas Autonómicas

Conversas co Mito

Crónicas da semana

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios