Llanero volverá golear co Baíñas
O que faga o Baíñas este ano é toda unha incógnita. Pero bos vimbios si que ten na súa man o míster Mario de José, cun número de altas máis que interesante. E aos Mario Casal e Eloy Cabeza (procedentes do Malpica), Rodri e Martín (do Mazaricos), David e Alberto Mata (do XSC) hai que sumarlle outra figura.
Llanero, tras deixar o U.C. Cee hai apenas unhas semanas, foi convencido polo presidente Juan Silva e o míster para non deixar aos terreos de xogo. Compartirá punta de ataque con outros grandes como Tasky e Javi Suárez.
Alegrámonos de evitar unha retirada prematura e estaremos encantados de disfrutar co fútbol dun xogador que xa se convertíu nun mítico do fútbol da Costa.
Boten un ollo á lista de Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015, para ver como chegan os equipos.
Crónicas da semana
- Preferente: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
- O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos.
- Bos partidos na última fin de semana de pretemporada.
Máis información
Novas relacionadas
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).