mércores. 30.04.2025
El tiempo

3ª Autonómica: Loureados

3ª Autonómica: Loureados
Os erros de Corcubión e Laxe achegan ao Monte Louro á loita polo título, no que foi ademais unha xornada de solidariedade co técnico Caluso O Louro adicoulle este posado de familia a Caluso - Foto: UD Monte Louro O Louro adicoulle este posado de familia a Caluso - Foto: UD Monte Louro   Corcubión 2-2 Camelle Corcubión e Camelle deixaron un bonito espectáculo - Foto: SD Camelle Corcubión e Camelle deixaron un bonito espectáculo - Foto: SD Camelle
  • Campo: Cubaleiro
  • Corcubión: Abe (Beto m.17), Adri, Xabi, Lema, Valucho, Tito, Mario Suárez (Gorka m.64), Toja, Alán (Pablo m.70), Roca e Roi (Checho m.64)
  • Camelle: Carlos, Rubén, Santi, Carlos Valiña, Sergio, Jose, Martín, David, Mario, Pasantes e Álvaro
  • Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña). Expulsou (m.58) a Xabi do Corcubión, e a Jose do Camelle (m.70)
  • Goles: 1-0 m.3 Mario Suárez; 1-1 m.25 Mario; 1-2 m.85 Pasantes; 2-2 m.90 Carlos Valiña, en propia meta
O Camelle competiu ao grande - Foto: SD Camelle O Camelle competiu ao grande - Foto: SD Camelle Empeñado en non escaparse Desperdiciou a ocasión de marcar diferencias na cabeza un Corcubión que pescou un punto nos últimos minutos fronte a un moi serio Camelle. Os branquiazuis parecían encarrilar unha nova victoria nada máis comezar a cita, tras un bo remate de Mario Suárez nunha boa xogada pola banda. Pode que ese éxito xogara na contra dos locais, que decreceron notablemente e viron como nun balón colgado desde a medular Mario igualaba. Despoxado de calquera comprexo, o Camelle lanzouse un órdago na reanudación, un espectáculo de ida e volta que parecía coronar aos visitantes, cando a falta de cinco minutos, e nunha contra, facían o segundo. Pero non todo ían ser boas novas para o Camelle. Unha falta colgada por Toja no tempo engadido petou en Carlos Valiña e acabaría por significar o empate, mal menor, do líder.   Laxe 0-1 Muxía
  • Campo: Cabo D´Area
  • Laxe: Noe, Naya, Pichel (Omar m.64), Aarón (Bras m.72), Steven (Djamel m.62), Gora, Santi, Felipe, Felipe Oróns, Miguel, Zúrich (Iván m.78)
  • Muxía: Papi, Iván Chans, Conguito, Martín, Pataca, Adrián (Ruso m.70), Currás, Noe (Mario m.80), Josiño, Julián e Alberto (Castreje m.55)
  • Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña). Expulsou a Gora (m.22) do Laxe. Amonestou a Felipe Oróns, Naya, Pichel do Laxe; Santi Papi, Adrián, Julián e Martín do Muxía
  • Gol: 0-1 m.25 Josiño
O Muxía dise que pode Amosou o Muxía capacidade para competir como os grandes favoritos da categoría, nun encontro no que deixou case sen alternativas ao Laxe. Os locais despuxeron de achegamentos, pero case ningunha oportunidade clara. O gol de Josiño, mediado o primeiro acto e tras un bo remate, resultou decisivo nun choque que acabaría sendo a impotencia do Laxe para xerar e as contras do Muxía que case crean unha conta maior   Castrelo 1-3 Nantón
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Castrelo: Josiño, Víctor (Gustavo m.54), Chuchi, Marcos, Curra (Elvis m.58), Suso, Steven, Félix, Chapu, Añón (David m.78)
  • Nantón: Guille, Silva, Guau, Raúl, Diego, Lareu, Fabio, Redondo, Damata (Valentín m.87), Martín e Iván (Sergio Fariña m.68)
  • Árbitro: Boedo Varela (A Coruña). Expulsou a Duarte do Castrelo e Guille do Nantón
  • Goles: 0-1 m.55 Redondo; 1-1 m.68 Félix; 1-2 m.71 Fabio; 1-3 m.88 Lareu
Entre golazos Un bonito espectáculo deixaron Castrelo e Nantón, que non decidiron a súa sorte ata a segunda metade. Houbo alternativas nos dous lados nun primeiro tempo virxe de goles, e non sería ata o regreso dos vestiarios cando un rexeite lle servira ao visitante Iván para igualar o marcador. Dos lanzamentos lonxanos a balón parado, un do local Félix e outro do visitante Fabio, serviron para un intercambio de golpes en forma de goles co que acabaría definitivamente o cabanés Lareu para sentenciar o choque.   Lira 0-4 Monte Louro
  • Campo: Portocubelo
  • Lira: Jose, Jesús, Santi, Manuel, Senande, Amador, Maceiras (Álex m.56), Silva, Yago, Rubén e Salva
  • Monte Louro: Fernando (Joaquín m.75), David, Pablo, Borja, Juanche (Fran m.60), Adrián, Gelo, Sexo (Canelo m.75), Riki, Geiko e Pesi (Gabriel m.55)
  • Árbitro: Añón Salgueiro (A Coruña)
  • Goles: 0-1 m.22 Sexo; 0-2 m.51 Santi, en propia meta; 0-3 m.56 Geiko; 0-4 m.75 Geiko
Tres puntos para Caluso O Monte Louro adicoulle a victoria en Lira ao seu adestrador, Caluso, que de véspera sufría a perda do seu pai. O Lira acordara o aprazamento, pero sorprendentemente a Federación Gallega de Fútbol negouse, ao non tratarse dun futbolista ou un directivo. Sen a tutela do míster, os muradáns pareceron algo desconcertados nun primeiro acto no que o gol de Sexo salvou os mobles, xa que o Lira tivo ata tres achegamentos de gol. Baixaron moito os locais na reanudación, e aí apareceron o Louro, a súa pegada e o momento de forma de Geiko.   Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios