![]()
Imaxe da proba de Oleiros
Este domingo 2 de setembro celébrase a Travesía Costa Fisterra, onde será a primeira vez que se organiza unha proba de natación en augas abertas. Máis de 130 nadadores confirmaron a súa asistencia a esta primeira edición. Haberá dúas distancias, 2.000 e 4.000 metros. A saída da distancia longa, ás 10.00 horas, efectuarase desde embarcacións que trasladan aos nadadores ata o pé do mesmo faro de Fisterra, mentres que a distancia curta sairá da praia de Corveira, próxima á localidade de Fisterra, ás 11.30. Ambas distancias chegarán á mesma meta, situada na localidade de Fisterra, na praia da Ribeira.
Trala competición, en torno ás 13.00 horas, producirase a entrega de trofeos aos campións nesta proba e, ademais, entregaranse os trofeos aos ganadores e ganadoras de todo o circuíto.
Esta tarde, a partir das 16.00 horas, entregaranse os dorsales no Decathlon de Marineda, aínda que tamén se poderán recoller mañá, de 10.00 a 14.00 en Marineda, e de 19.00 a 20.00 horas no porto de Fisterra.
Con esta travesía conclúe o Circuíto Travesía Costa Abanca by Duacode 2018 que, con cinco probas (A Coruña, Oleiros, Balarés, Sisargas e Fisterra), converteuse no maior circuíto de travesías marítimas a nado de Galicia. En total, son máis de 900 os nadadores que se apuntaron a participar nalgunha das probas.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-deporte-costeiro-pasa-de-carnota-muros-e-razo-a-corcubion-e-vimianzo/