Venres. 01.07.2022
El tiempo

Máis de 200 competidores de toda Galicia encherán o pavillón de Cee no 1º Encontro da liga galega de Taekwon-do ITF

Máis de 200 competidores de toda Galicia encherán o pavillón de Cee no 1º Encontro da liga galega de Taekwon-do ITF

Segue a Costa da Morte situandose no centro da atención dos deportes de contacto. A semana pasada eran os dumbrieses de Dafit os que voltaban con 4 medallas do Campionato Galego de KickBoxing. Desta volta toca voltar a Cee, onde esta fin de semana celébrase o 1º Encontro da liga galega de Taekwon-do ITF 2018.

O encontro, que terá lugar no pavillón polideportivo municipal de Cee en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00, reunirá ó mellor do deporte galego nesta disciplina.

Máis de 200 competidores chegados de todas partes de Galicia, dende os mais pequenos ata os adultos tomarán parte neste encontro da man dos seus adestradores.

Os clubes participantes son: “Liceo de Noia”, “Club ITF Noia”, “Club ITF Oroso”, “Tae-Box Cerceda”, e o “Club Cee Deportes de Contacto”, que exerce de anfitrión neste 1º evento. A este encontro sucederán outros dous ó longo dos próximos meses.

O clun organizador agradece a colaboración do concello de Cee e dos patrocinadores “Colada por tí”, “Talleres Noacar” e “Automóviles Álvarez”.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios