Luns. 20.05.2024
El tiempo

Máis de 170 corredores participan nunha 10k de Malpica con sabor a Zumba

Máis de 170 corredores participan nunha 10k de Malpica con sabor a Zumba
III-carreira-pedestre-malpica O alcalde e o 1º tenente de alcalde de Malpica presentaron esta mañá os trofeos que se repartirán na III carreira pedestre deste sábado Cun total de 173 inscritos/as nas distintas categorías, a III carreira pedestre concello de Malpica mantén as cifras de participación das edicións anteriores. Unha das categorías con maior número de participante será a 10K na que se superará o centenar de corredores/as, o que permite augurar unha carreira rifada e emocionante. Ademais da satisfacción de gañar, os/as primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías serán agasallados cuns trofeos e medallas exclusivos que nos presentaron hoxe o alcalde, Eduardo Parga, e o primeiro tenente de alcalde, Miguel Fernández. A III carreira pedestre concello de Malpica celebrarase este sábado 8 de setembro a partir das 18:00 horas. Ademais do percorrido de 10 quilómetros para os nacidos no ano 2002 e anteriores, haberá outros adaptados a cada categoría: 3.200 metros para infantil (2005-2006) e cadete (2003-2004), 1.400 metros para alevín (2007-2008), 700 metros para benxamín (2009-2012) e 100 metros para benxamín (nacidos no 2013 e posteriores).   A carreira principal sairá da praza de Anselmo Villar Amigo por Eduardo Vila Fano, rúa do Porto, Dársena, Camiño do Río, Eduardo Vila Fano, Guardia Pardines, Paseo da Praia, Canido, Cancela de Areas, Seaia, estrada da praia de Seaia, IES Urbano Lugrís, estrada de Santo Hadrián ata a capela, Camiño do Santo, Canido e paseo da Praia, onde estará situada a meta. Todos os participantes contarán con seguro, e ademais disporán de servizos de ducha e gardarroupa, avituallamento e un agasallo. O concello de Malpica porá a disposición dos participantes na carreira o pavillón polideportivo para que se podan cambiar e duchar, así como un servizo de gardarroupa no mesmo pavillón, onde tamén se recollerán os dorsais e chips o mesmo día 8 en horario de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 17:30. Ademais, a proba ten carácter solidario, xa que por cada participante na 10K doaráse un euro á asociación española contra o Cancro.  

ZUMBA

O sábado ademais haberá unha masterclass de zumba que celebraremos antes da proba. De 16.30 a 17.30 teremos sobre o palco da praza de Anselmo Villar Amigo a dúas auténticas expertas, Saray Gómez e Juana Garrochena, para marcar o ritmo antes da carreira.

A masterclass é gratuíta e está aberta a todas as idades, ao igual que o estiveron as sesións de zumba que celebramos durante todo o mes de agosto, os martes e os xoves, no paseo da praia. Nesta ocasión cambiamos de escenario, pero seguimos ofrecendo a todas/os as/os afeccionadas/os a oportunidade de participar.

Fonte  

Comentarios