Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mala xornada para un tenis de mesa comarcal coa mente en Valladolid

Mala xornada para un tenis de mesa comarcal coa mente en Valladolid

Non foi moi positiva a xornada para os equipos de tenis de mesa da comarca. Pero é que pode que tiveran a mente xa en Valladolid, onde dúas xogadoras da comarca participarán no torneo Estatal.

3ª División Nacional

  • Resultado: Breogán Oleiros - AD Zas Ponciano Nieto 1-5 (5-15).

Gran resultado o acadado polo AD Zas Ponciano Nieto en Oleiros pois coa victoria en terras coruñesas clasificase matemáticamente para a fase de ascenso a 2ª división nacional, algo impensable fai uns anos, que un equipo da comarca tivese a oportunidade de disputar a fase de ascenso e con xogadores formados na casa. Favoreceulle para a vitoria as baixas do equipo local pero eso non é obvice para os méritos da vitoria. Só Brais Blanco e co resultado decidido cedeu o seu partido. Agora a esperar ao encontro contra Conxo e prepararse ben pois é o outro equipo clasificado e os puntos acadados, nesta fase entre eles, contan para para a seguinte.

2ª División Galega

  • Resultado: Concello Mazaricos - Liceo Vilagarcía alevín 4-2 (12-7)
  • Resultado: Concello Mazaricos - Arteal Ventanas "B" 4-2 (14-8)
  • Resultado: Santa Comba - Liceo Vilagarcía Alevín 3-3 (12-11)
  • Resultado: Santa Comba - Arteal Ventanas "B" 1-5 (3-5)
  • Resultado: RC A Estrada "B" - Vimianzo TM 4-2 (12-11)
  • Resultado: RC A Estrada "A" - Vimianzo TM 5-1 (15-4)
En 2ª galega resultados normais a excepción da derrota do Vimianzo TM en A Estrada contra o equipo "B" e tamén resaltar o empate do Santa Comba ante o Vilagarcía Alevín, que de alevín só ten o nome xa que nel xogan veteranos. Resaltar tamén a xornada do domingo en Oroso na súa liga de afeccionados e é que os xogadores da comarca encheron un bus para participar nela e desfrutar deste deporte toda a tarde. Aquí os resultados contan pero menos ca diversión.

2ª División Nacional Feminina

  • Resultado: Güisseppe Anthony - Aluminios Xeal 3-0 (9-0)
  • Resultado: Güisseppe Anthony - SD A Baña 3-0 (9-1)
As mozas non puideron puntuar en Ribadumia ante o potente equipo local.

 

Vindeiros compromisos

Este venres pola mañá saen con dirección a Valladolid dúas xogadoras da comarca para participar no torneo Estatal de tenis de mesa e enfrentarse as mellores de todo o país. Elas son Ana García de Zas e enrolada no Club del Mar de A Coruña e Miriam Domínguez que natural de Portomouro pero que xa leva dous anos xogando en Zas. As dúas participan na categoría infantil femenina e os obxectivos son os de clasificarse para as eliminatorias finais e despois a buscar un bo cruce que dé cotas máis altas. Dende aqúí todo o noso apoio.

Por outra parte tamén se disputarán varios encontros de 2ª galega uns suspendiods no seu momento polo temporal e outros adiantados polo carnaval. Así o sábado a tarde virá a Zas o Arteal "B" para xogar contra AD Zas O Pinar e Vimianzo TM e o domingo os de SAnta Comba desprazaranse a Estrada para xoga alí dous encontros.

E o sábado pola maña teremos unha concentración de tenis de mesa escolar. Será en Zas dende as 10 ata as 13 horas da mañá no pavillón municipal. Nela esperamos medio cento de deportistas que estan comezando neste xogo-deporte.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.

Comentarios