Malpica, capital do patín

02:14 22/03/18

Este venres 23 de marzo, Malpica acolle este venres unha nova edición do Día do Patín, organizado pola Agrupación Deportiva Costa Bergantiñá coa colaboración do Concello. Será outra tarde de espectáculo, música e diversión tanto para participantes coma para público. A cita, ás 18.00 horas no polideportivo municipal. Nesta edición contarán con preto de 300 participantes, 45 deles/as alumn@s da Escola Municipal de Malpica, e o resto de Laxe, Cabana, Coristanco e Ponteceso. O Club Deportivo Costa Bergantiñá conta tamén coa colaboración do Club Patín Velúa, Deporte en Idade Escolar da Xunta de Galicia e Deputación de A Coruña.
Fonte
- Malpica.