![patinaxe malpica]()
Un total de 300 nenas e nenos de dezanove clubes participarán esta fin de semana na 2ª Fase de Niveis organizada pola Federación Galega de Patinaxe e o club Patín Velúa de Malpica coa colaboración do concello de Malpica, Malpica Deporte e a Deputación da Coruña.
A competición desenvolverase de 10 a 19:30 horas, tanto o sábado como o domingo. O concelleiro de Deportes de Malpica, Iago Espasandín, destacou a elección de Malpica como sede da 2ª Fase de Niveis, tanto dende o punto de vista deportivo como do turístico, xa que a vila converterase durante a fin de semana no destino de centos de nenas e nenos coas súas familias.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Malpica