Un só punto separa ao Soneira do ascenso a Preferente; pode e debe chegar este domingo na Pedra Queimada; na Liga da Costa é o San Lorenzo-Sporting Zas un dos encontros máis importantes do curso
O Soneira pode cantar o aliron en Malpica. Foto do curso pasado de Wash Calvo
A conta atrás para a nai de tódalas festas entra na súa recta final. C
hegou a primeira fin de semana na que o Soneira pode ser novo campión de Primeira Autonómica, e con elo facer de Vimianzo unha sorte de capital da emoción, do orgullo e a festa con retranca. Só un punto separa aos de Manolito. E enfrente estará un rival que xa bastante mérito e dignidade ten amosado ao competir prácticamente todo o mes con once futbolistas.
As realidades son case antagónicas: un conxunto abatido e descendido contra outro case en Preferente, un proxecto que ten pegado múltiples trocos e que ten 'pescado' no fútbol da Coruña contra unha aposta do máis caseira. E sobre todo, como diría Valdano, esa máxima de que "o fútbol é un estado de ánimo", e se é así o Soneira é invencible. Non será necesaria unha charla ao estilo de Al Pacino en Un domingo cualquiera, nin videos motivacionais rollo Guardiola e Gladiator. Seguramente, o único que teña que dicir, e bastará, o técnico do Soneira é: "salgan e xoguen". Haberá desprazamento masivo, unha costume moi productiva que se está a poñer de moda no fútbol da Costa. Pero non será a da Pedra Queimada a única final da xornada en Primeira. E senón que llo pregunten a Baio e Corme, agora mesmo en postos de arrastre, e que loitan por deixarse un ao outro na táboa de clasificación. Ven o Baio de competir ben, pero tamén con baixas importantes en momentos chave. E ven o Corme de non atopar o punto defensivamente. En Asados, de non perder co Unión, o Sofán tamén terá pegado un paso importantísimo rumbo á segunda praza.
Se así estaba xa Ara Solis para o Fisterra-Cee do ano pasado, esta fin de semana vai rebentar
Cheira a decisiva e imprevisible a xornada na Liga da Costa, co epicentro fundamental de As Pedreiras de Verdillo. Alí, o San Lorenzo, terceiro, recibe a un Sporting Zas colíder e que aventaxa en seis puntos. De vencer, os carballeses levarían o average e algunha esperanza de loitar todavía polo ascenso. Os de Pedro Gómez non atravesan o seu mellor momento, como quedou claro en Esteiro, pero factor campo pode ser tamén determinante. Cun ollo nesa fronte estará o líder, a SD Fisterra, para quen incluso foi agridoce a derrota do San Lorenzo o pasado domingo. De ter puntuado, seguramente a contienda tería sido un calvo de cultivo para os intereses verdillos, fose cal fose o resultado.
Ara Solis volverá ser un sambódromo ante un Unión Club Cee que chegará co morbo de tentar sacarlle o título ao seu eterno rival. E nesas pelexas nunha é aconsellable ter enfrente a Alfredo Cambeiro. Porteño-Ponteceso e Coristanco-Buño son os dous encontros onde se loitará por escapar dos
arrastres a Terceira Autonómica.
Precisamente, na categoría máis baixa Corcubión buscará o que non conseguiron a pasada semana: vencer a Camelle e Nantón respectivamente. O partido en Muxía foi
suspendido polo facelemento do cadete en Ara Solis.
E na Preferente, despois do 'tortazo' do Dumbría,
o Xallas terá que vencer en Lugo á Milagrosa.
Atentos estaremos tamén á base, cunhas semifinais da Copa da Costa Xuvenil tremendamente intensas. Ara Solis e o Hermanas Patiño acollerán sendas loitas.
Ademais, rematan as Ligas Cadetes e Infatís cos flamantes campións, xa dende hai tempo, Corme e Dumbría.
E ollo aos Veteranos que disputan a penúltima xornada con choques directos nun tolo treito final de tempada.
 :
Novasrelacionadas
Máisinformación
Fonte