Malpica fai canteira surfeira

20:15 22/08/16

Non para a mocidade malpicá e este verán está chea de actividades. Este mes toca surf, porque en Malpica, ademais de boas ondas, ten que haber unha boa canteira. Así, 60 nenos e nenas de 8 a 16 anos participan ao longo desta semana nos cursos de surf organizados polo club Silfo coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños.
O alcalde, Eduardo Parga; o 1º tenente de alcalde, Miguel Fernández, e o concelleiro de Deportes, Iago Espasandín, acudiron onte á presentación da iniciativa xunto co presidente do Silfo, Juan José Rodríguez. As sesións desenvolveranse ata o xoves.
A vindeira actividade será do 29 ao 31, cos cursos de kayak do Club Náutico de Malpica para pequenos/as de 9 anos en diante.
Fonte
- Concello de Malpica.