Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Malpica, Mazaricos e Cee afrontan a recta final das súas Ligas de FS

Malpica, Mazaricos e Cee afrontan a recta final das súas Ligas de FS

Repasabamos a fin de semana o remate da Liga de FS Corme-Ponteceso cos seus campións. Hoxe toca pasarmos por Malpica, Mazaricos e Cee, para ver como afrontan esta recta final dos seus campionatos.

Cee acolle a Festa do Fútbol Sala

Festa do Futbol Sala en Cee 2016

Este vindeiro sábado 16 de abril, o pavillón de Cee estará tomado polo Fútbol Sala nunha festa organizada pola ACD San Cristóbal. Dende as 16:00h haberá bos partidos, comezando polos mozos do Vila de Cee contra o Pulpo Móbil. De seguido o Fisober tamén se traslada ao pavillón ceense para xogar co Bembibre. E a partir das 20:00h, as finais do Playoff da Liga Costa da Morte, entre o campión de liga, o Máis Deporte-Bar Xardín, e o EstrellaRoja, que onte vencía ao Clínica Sar.

 

O Prisma-Illa-JB, campión en Malpica e xa pensando na Copa

Xa hai varias xornadas que o Prisma-Illa-JB se proclamou campión da Liga de FS de Malpica. Tan relaxados estaban que caeron este pasado sábado ante o Buceo Malpica na derradeira xornada.

Este sábado 16 toca a ida das semifinais da Copa, (a final será a partido único) cos seguintes enfrontamentos:

Bar Avenida16:00hBar O Cruce
Buceo Malpica 17:00hSpoting FS
Pub Leño18:00h Prisma-Illa-JB
Seaia19:00h San Francisco
 

Recta Final en Mazaricos

Alborada O Alborada vai detrás dos Gorrións

Despois do longo parón na Liga mazaricá, tres xornadas restan para o remate. Esta fin de semana toca a 12ª xornada e o Sorteo de Copa-Maratón, que se celebrará o 7 de maio nunha xornada de vertixe.

Pero por agora a atención ten que estar na Liga. Os Gorrións seguen de líderes, pero só con 2 puntos sobre o Alborada. Veremos se falla alguén…

 

Máis novas do FS

As táboas en www.futboldacosta.com

 

Fonte

Comentarios