Manuel Pablo foi o protagonista dos Piratas de Honra

06:57 02/02/16

Este pasado sábado a Peña Deportivista Piratas de Muxía facía entrega dos Premios Piratas de Honra na vila da Barca. Unhas 200 persoas celebraron esta festa futboleira, que quixo render homenaxe aos mellores deportistas dos dous últimos anos.
Un dos protagonistas foi Manuel Pablo. O eterno capitán do Deportivo recolleu o premio Pirata de Honra, da man do porteiro cadete do cadro muxián, Roi Búa.
Tamén foron premiados Diego Lobelos e Óscar Leis e a ED Os Miudos de Muros, co "Piratiña da Costa" polo seu traballo de base. O Xallas a afección do Corme levaron o "Pirata de Honra da Costa”. O "Pirata de Honra do Deportivismo", foi para os Veteranos do Depor.
Todos os premios foron obra da artista muxiá Viki Rivadulla.