Maratón 3x3 con concurso de punteirolos para o Nadal vimiancés

13:46 21/12/16

Un ano máis, a Asociación Cultural Cherinkas organiza, en colaboración co Concello de Vimianzo, a sétima edición do torneo navideño de fútbol 3x3. Tamén poremos a proba as punteiras dos participantes na 4ª edición do concurso de punteirolos, non todo vai ser empeine.
A cita será este sábado 24 de decembro no pavillón Municipal de Baiñas. Haberá premios para os 4 primeiros clasificados.
Xa hai 10 equipos anotados de Vimianzo, Mazaricos, Carantoña, Pereiriña (Cee), Castrelo. E xa vos podedes inscribir por 20 Euros (Telf: 686605380) ou por correo a conta de facebook da A.C.Cherinkas. Máximo 5 xogadores por equipo. O prazo estará aberto ata o día do sorteo, que será o venres 23 ás 21:30h. no Bar London
Fonte
- Cherinkas.