Marcos Sánchez quedou a 10 metros de representar a España nos Youth Olimpic Games.
05:06 29/03/18
Marcos Sánchez nunha proba costeira
Este fin de semana será o turno de Lorena Costa e Jorge Quintáns para tratar de entrar no equipo nacional sub/18. O que non puido pasar o corte foi Marcos Cancela, do CDM Piragüismo Dumbría, que loitou coma os mellores, pero quedou fora da maneira más triste posible, caendo do barco ao movérselle o asiento a tan só 10 metros da meta cando lideraba a proba de pista.
Despois de marcar o mellor tempo na proba de slalom na xornada do sábado, Marcos non arrancou da mellor maneira na xornada do domingo, cun pequeño erro na manga de slalom que o fixo caer ó quinto posto. Cando colleu o barco de pista, sabía que era a súa oportunidade de revertir a situación, pero no esprint final o facer forza entre o pedal e o asiento da piragua, algo saltou, acabado o deportista costeiro na auga e quedando fora ás portas das semifinais
Máis intentos
Pero non acaba aquí todo para este o CDM Piragüismo Dumbría, xa que esta fin de semana se disputan en La Seu d ́Urgell e Ponts os selectivos do equipo nacional Sub18, no que Lorena Costa e Jorge Quintáns buscarán a súa plaza para representar a España nos Campionatos do Mundo de sub/18 que terán lugar en Italia.Novas da tempada
- Jorge Quintáns e Lorena Costa repiten medalla:
- O CDM Piragüismo Dumbría dá o nivel en Portugal:
- O CDM Piragüismo Dumbría empeza a tempada con dúas medallas.
Novas da tempada pasada
- Jorge Quintáns e Lorena Costa debutan na categoría xuvenil en Copa de España subindo ó podium.
- Setembro 17: O Piragüismo Dumbría volve con 4 medallas e un podium por equipos de Portugal.
- Jorge Quintáns e Iago Canosa amosan o seu poderío nunha proba nacional.
Artigos relacionados
Fonte
- Piragüismo Dumbría.