![O Bainas ganou ao Zas-Foto-Alejandro Mel]()
O Baíñas gañou ao Zas na estrea de Corredoira e deixa ao Ponteceso no liderado-Foto-Alejandro Mel
Este martes de Fútbol da Costa (tendes todos os resultados en
www.futboldacosta.com e aquí o
cadro da Copa da Costa 2016) déixanos un equipo vitorioso, case sen xogar: O Ponteceso.
A #LigadaCosta
O equipo pontecesán queda de líder en solitario da Liga da Costa trala derrota do Zas ante o Baíñas, no último partido da xornada 14. Foi un choque moi emotivo, no que se estreaba Corredoira no banco verde, ante a que foi a súa casa durante moito tempo. O equipo vimiancés adiantouse ao comezo da segunda metade cun tanto de Mario Casal, na ocasión menos clara do partido e coa axuda dun defensa, pois houbo varias ocasións nas que se cantou o gol. Como unha do Zas na que non chegaron a rematar en boca de gol, e os puntos quedaron en Vimianzo, para un Baíñas que ademais, gañou aos puntos, pois marcou e soubo defener con moito oficio a súa vantaxe. A #MarcaCorredoira xa se nota en Baíñas.
Estreouse a #CopadaCosta
Arrincou a
Copa da Costa 2016 e o fixo sen sorpresas. O Soneira batiu ao Coristanco cos goles de Vía Rápida (2), Basti (2), Richi, Óscar e Cristian Figueroa.
Mentres o Outes dou conta do Camelle, equipos que coincidían na campaña 2011-2012 na 3ª, pero sobre os que os anos pasaron de xeito diferente. O equipo de Manu Roque estivo moi serio e concentrado e gañaron por un claro 0-4 con 2 goles de David, un de Piki e un de Veleiro.
O Ponteceso, campión da Liga Norte Xuvenil
[fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/876384965813495/" width="660" height="500" onlyvideo="1"]
Así celebraba o equipo pontecesán o alirón da Liga Xuvenil Norte, cando faltan 3 xornadas para o remate da primeira fase. Os de Fernando vencían apuradamente en Arliña e suma 11 puntos máis que un Cabana que non pasaba do empaye en Camariñas. O cadro cabanés ten un pé na fase de campións, e o Baio colícase, tras vencer ao Zas, como aspirante a esa 3ª pero o Coristanco está moi preto, pois tamén vencía ao Porteño.
![Baio-Zas Xuvenil-Foto-Alejandro Mel]()
O Baio gañou ao Zas e achégase á Liguilla de Campións-Foto-Alejandro Mel
Polo Sur, o Xallas xa ten o pase á Liguilla de campións asegurado dende hai tempo pero aínda terá que esperar para celebrar o alirón. Por detrás, o Cee vén con moita forza, e xa asegurou a súa praza na Liguilla de campións tamén tras vencer no derbi ao Fisterra. Parece que o Montelouro ten un pé nesa Liguilla, pois saca 7 puntos ao Outes, pero cun partido máis.
![Montelouro-Corcubion - Foto-Xose Sendon]()
O Montelouro puido co Corcubión e mete un pé na Liguilla de campións- Foto-Xose Sendon
Malas Ligas Galegas
Non foi bo martes para os equipos dumbrieses das Ligas Autonómicas. O equipo xuvenil, que viña de gañar ao líder, foise do partido tras varias decisións arbitrais polémicas, e caía 4-0 en Boiro, un dos rivais directos que tamén gañaban, provocando que os de Leis e Lobelos acaben a semana na 5ª praza, pero aínda a 3 do liderado. Mentres, os cadetes caían en Vigo ante o Coruxo e seguen complicándose a salvación.
Copa da Costa, Previa
2ª Autonómica, xornada 14
Liga Galega Xuvenil, xornada 14
Boiro |
08/12 - 18:30 |
Dumbría |
División de Honra Cadete, xornada 14
Liga Xuvenil Sur, xornada 15
Outes |
1-1 |
Esteirana |
Fisterra |
1-4 |
Cee |
Montelouro |
6-1 |
Corcubión |
Os Miúdos |
3-0 |
Castriz |
Liga Xuvenil Norte, xornada 15
Baio |
4-0 |
Zas |
Muxía |
0-1 |
Ponteceso |
Coristanco |
5-3 |
Porteño |
Camariñas |
0-0 |
Cabana |
Liga Alevín F8, xornada 11
Lira A |
5-2 |
Xallas B |
As Baleas |
4-6 |
Dumbría B |
Sofán Afición |
1-2 |
Outes A |
Dumbría A |
3-0* |
Os Miúdos B |
Os Miúdos A |
1-2 |
Xallas A |
Cee A |
4-3 |
Fisterra |
Lira B |
0-10 |
Esteirana A |
Sp. Zas |
1-4 |
Sofán Respeto |
- O Dumbría-Os Miúdos B estaba para o luns 7 e o cadro muradán non se preentou.
Liga Benxamín F8, xornada 11
Sofán |
0-5 |
Outes |
Dumbría |
12-2 |
Os Miúdos B |
Os Miúdos |
2-2 |
Xallas |
Cee |
8-4 |
Fisterra |
Ligas de Veteranos, xornada 12
At. Milagrosa | 1-2 | San Lorenzo |
Soneira | 2-1 | Dumbría |
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).