Martín Varela proba na República Checa a terra batida
Estivo traballando en terra batida este mes o bo de Martín Varela, máis acostumado ao cemento. Pero na súa carreira por conseguir chegar á Paraolimpiada de Río 2016 fará parada esta fin de semana na cidade checa de Prostejov para disputar o Vinci Wheelchair Open Czech. Será o seu 4º torneo da tempada para o tenista da A.D. Vidú e buscará seguir sumando puntos internacionas. Uns puntos que seguramente conseguirá, mentres o que segue a facer falta é o orzamento, pois para a Xunta segue sen ser un deportista de alto nivel a pesar de estar entre os 3 mellores de España.
Martín desprázase a terras checas coa intención de chegar o máis lonxe posible no cadro dun torneo no que competirán algúns Top Ten, entre os que estará o Nº1 do ranking, o xaponés Shingo Kunieda, que se proclamou campión de Roland Garros a pasada semana.
Entrevistas con Martín Varela
- David Castro fala con Martín Varela, un dos mellores deportistas da Costa da Morte.
- Entrevista de David Lourido: Martín Varela: “Para a Xunta non son deportista de alto nivel”.
Máis información
Novas relacionadas
- Martín Varela segue á súa carreira cara Río 2016 cun subcampionato de España.
- Martín Varela comeza a carreira a #Río2016 con vitoria en Italia.
- Martín Varela, inicia en Italia a escalada cara Río2016 con novos patrocinadores.
- Martín Varela no inForum 2015.
- A Gala do humor logra recadar 4000€ para levar a Martín Varela a #Río2016.
- Agosto 2014: Martín Varela segue o camiño cara Brasil 2016 gañando os dobres no Open Internacional de Miranda.
- Xullo 2014: Martín Varela comeza o seu desafío para chegar ás Olimpiadas de Río 2016.
- Xuño 2014: Martín Varela pelexou polas medallas da Copa do Mundo coa Selección Española.
- Maio 2014: Martín Varela preparará o Campionato do Mundo co torneo da casa.
- Abril 2014: Martín Varela volve á Selección Española para disputar o Campionato do Mundo.
- Marzo 2014: Martín Varela volve á competición.
- Xuño 2013: Novo doblete de Martín Varela en Zaragoza.
- Abril 2013: Unha festa para mandar a Martín Varela ao Campionato do Mundo.
- Setembro 2012: Martín Varela pecha a tempada a golpe de títulos.
- Xuño 2012: Martín Varela e a Selección Española petan con Asia.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).