Mazazos Mazaricos
21:54 07/02/16
A revelación puxo patas arriba a Liga da Costa coa súa vitoria ante o Zas, que deixa colíder a un Fisterra que acabou por golear ao Baíñas; o panorama na cabeza deixa unha igualdade case total
Imaxe do Mazaricos-Zas-Foto-Wash Calvo
Xa non hai líder, senón líderes, nunha Liga da Costa que faría as delicias de calquera casa de apostas. Catro equipos en dous puntos e doce semanas espectaculares é o novo panorama, despois de que a revelación da competición, o Mazaricos, superase ao Sporting Zas. Algo ten o campo de Pino do Val que se lle fai enorme aos grandes. E non foi unha excepción, xa que os zascenses en ningún momento se adaptaron ao terreo de xogo. E ese resultado, a pesares de que beneficiaba a outro candidato ao título, correu como a pólvora a través dos smartphones en Ara Solis, onde foi moi celebrado. Vencendo ao Baíñas, o Fisterra se instalaba no coliderato. E pareceu entendelo moi cedo, porque deixou moi tocados aos vimianceses e compretou un partido de dez. Pero non só a cabeza se axusta (co San Lorenzo coma invitado silencioso), senón que a ameaza de arrastres parece terlle posto as pilas a tódolos equipos da zona baixa, e os resultados comezan a soar a urxencias. O Cabana e o Porteño se neutralizaron entre si, mentres que o Carnota sacou proveito da tranquilidade clasificatoria da Esteirana para sorprender de inicio.
Non menos axustada ven unha Primeira Autonómica na que case todo alegrías. De feito o Baio-Malpica era o único frente onde non podía haber ledicia total para os nosos. Os locais se impuxeron con xustiza e autoridade, nunha cita moi efectiva para sumar rumbo á salvación, e que aos malpicáns os deixa moi gravemente feridos. Lameuse precisamente os males o Soneira, que pasou por encima do Palmeira, mentres que Corme, Sofán e Outes confirmaron as boas sensacións dos últimos partidos para sumar a ritmo de goles.
A Preferente Autonómica ponse fea, moi fea, emais tendo en conta os posibles arrastres. Dous desprazamentos lonxanos e cero puntos para Xallas e Dumbría, e novamente o pasar das semanas empeza a poñer unha perna enriba difícil de evitar.
E do tope ao baixo, o Monte Louro é o equipo de moda en Terceira Autonómica. Os muradáns venceron en Laxe e xa son a alternativa principal ao título dun Corcubión que non fallou co Castrelo.
Esas sensacións distintas da Preferente e a Primeira Autonómica tamén se palpan en fútbol base, onde o Xuvenil de Liga Gallega do Dumbría deixou ante o Conxo un novo aval para soñar con título, e o Cadete de División de Honra sufriu un excesivo castigo contra o colista Santa Mariña, que deixa a permanencia a nove puntos. Unha categoría máis abaixo da Gallega, a liga de ascenso Xuvenil deixa ao Xallas en solitario na cabeza, despois do sorprendente empate do Cee co Baio.

Preferente Norte, xornada 24
Primeira Autonómica, xornada 22
Segunda Autonómica, xornada 22
Terceira Autonómica, xornada 19
Xuvenil - Liga Galega, xornada 22
| Dumbría | 1-0 | Conxo |
Cadete - División de Honra, xornada 22
| Dumbría | 0-2 | Santa Mariña |
Liguilla de Ascenso Xuvenil, xornada 4
Primeira Cadete, xornada 20
Primeira Infantil, xornada 20
AlevínCosta Sur F8, xornada 18
BenxamínCosta Sur F8, xornada 18
Veteranos, 1ª División, xornada 19
Veteranos, 2ª División, xornada 19
Novas relacionadas
- Análise das posibles arrastres: Hai marea... comarea.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).