Medio centenar de pequen@s disfrutaron do Campus Fisober de Semana Santa
Non había Ligas pero durante esta Semana Santa non faltou o fútbol sala, pois celebrouse o I Campus Fisober Deporte Galego – Galicia Saudable. Nenas e nenos de toda a comarca de entre 6 e 12 anos en horario matutino disfrutaron deste Campus de fútbol sala, que foi todo un éxito de participación con ata 50 nenas e nenos anotados, baixo a tutela dun equipo de catro monitores coordinado por Fran Toba, adestrador do equipo de Nacional do Fisober, con título de adestrador de fútbol sala nacional.
Dito equipo estaba formado polas xogadoras do equipo Nacional do Fisober Ana Mouzo, Noelia García e Myrella Ventura, ademais do adestrador de categorías inferiores do Fisober, Dani Costa. Todos eles contan co título de Tafad e co título de monitor de fútbol sala. Axudados tamén por Fernando Villaverde. Eles foron os encargados de impartir as sesións e adestramentos.
Pero non todo foi fútbol sala, a rapazada ademais de fútbol sala, disfrutou tamén de sesións de xogos, de cine, entre as diferentes actividades e incluso de inchables para rematar o Campus. Dado o éxito nesta primeira edición, o clube non descarta repetir experiencia para o verán cun Campus de maior duración.
Novas relacionadas
- Asociacións e clubs deportivos de Vimianzo xa teñen axudas asignadas.
- Crónicas do FSF: Aferrándose á salvación.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).