Medio millar de persoas disfrutou da Marcha e Andaina do Monte Neme


Máis de 500 participaron este domingo na Marcha e na Andaina Costa da Morte organizada polo C.C Monteneme-Calvo, o Concello de Carballo, o patronato de Deportes e a oficina de Turismo. A primeira hora eran 230 os ciclistas que se animaban a percorrer os 43km da marcha BTT que pasou polo refuxio de verdes, Monteneme e Razo.
Ademais, outros tantos preferiron os botíns ás rodas, e fixeron a Andaina ata a Pontedona, onde tiveron un refrixerio, pasando tamén polo refuxio de Verdes. Ao remate houbo unha serie de pinchos nas instalaciones de Conservas Calvo.
A proba ciclista tiña tamén interese deportivo. Foi Carlos Valiñas, "O Rubio”, do club HLP Camariñas, o gañador cun tempo de 2 horas 20 minutos. A 2 minutos chegaba Juan Leis Mosquera do club La fuga Grupetta, moi preto de Jose Luis Rodriguez Rodriguez do Club ciclista Monte Xalo.
O premio para o máis veterano foi para Eduardo Manuel Deus Vazquez (1952-10-01) do C.C Carballo. O club máis numeroso foi como a Marea Azul, o Media Ducia de Carballo con 29 participantes. E o premio ao club que veu de máis lonxe foi o A.C Sanomedio de As Neves Pontevedra.



Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).