Menos de dez kilómetros de paixón
- Soneira e Baio retoman en Primeira Autonómica un dos derbis con máis background de toda a Costa da Morte.
Será o Municipal de Vimianzo o epicentro de interese da xornada, cun derb de Primeira Autonómica no que seguro que se acurtarán moito as distancias do que vai de curso. Na Segunda tamén haberá tres frontes apaixoantes.
Primeira Autonómica: Irmandade entre irmandiños
Xa hai moito tempo que rebaixou a tensión entre Soneira e Baio, acostumados a enfrontarse na Liga da Costa, dous dos últimos referentes da Costa en Preferente Autonómica e factorías constantes de futbolistas con talento. Será en Primeira Autonómica esta vez, e cos vimianceses como grandes da competición, cando se redite un dos cruces máis bonitos e de rivalidade. Menos de dez kilómetros separan ambas poboacións. Seguramente, a distancia futbolística sexa metafóricamente maior que a xeográfica, aínda que como quedou amosado co Outes, os cruces entre os nosos minimizan e descartan calquera predicción. A facilidade do gol, con Basti en estado de gracia, fronte aos problemas de cara á meta rival dun Baio que promedia un tanto por encontro, pero que é un dos cinco equipos menos realizadores da competición. No resto da xornada, e despois do pau polo adeus momentaneo de Alejo ao balompé, o Corme buscará un triunfo fundamental para saír dos problemas. Será cun Piloño que xa foi quen de empatar en Vimianzo. Máis asequible parece para o Outes a visita ao Carcacía, un recén chegado que semelle moi inferior. Os de Roque, a pola cuarta seguida.
Preferente Autonómica: Unha xornada 'milagrosa'
Non parecen a Milagrosa e o Laracha os rivais máis propicios para buscar unha alegría. O Xallas, novo colista, recibe aos da provincia de Lugo despois da igualada nun bonito derbi co Dumbría. Deben os combeses volver ao nivel dun mes atrás, cando só a falta de gol lles relegaba a unha posición non acorde co nivel de xogo. Pola súa banda, o Dumbría viaxa a Laracha, para medir a un histórico que agora mesmo ten máis nome que plantel, pero no que segue a ser unha ameaza o pichichi, Miguel Taibo, autor de dez goles ata o de agora.
Liga da Costa: Pinguelísimo
Menú gourmet na Segunda Autonómica, con dous pratos principais na loita polo título. No campo do Pinguel, o Ponteceso recibe a un San Lorenzo que comparte atributos de xuventude e búsqueda do equilibrio entre unha defensa segura e un ataque talentoso. Pola súa banda, en San Andrés de Zas o líder Sporting e un crecente Castriz tamén prometen non defraudar. Neste caso, parece que o gol é o denominador común. Dos demais encontros, as visitas de Baíñas a Esteiro, do Fisterra a Mazaricos e do Cerqueda a Cee resultan unha invitación á sorpresa.
Terceira Autonómica: Os outsiders entre si
Laxe e Monte Louro pelexan por ser a alternativa ao favoritismo dun Corcubión que tentará sacar proveito do enfrontamento entre eles. Tampoco o terá sinxelo o líder cun Nantón que non empezou ben, pero que sempre prantexa problemas aos de arriba.
Fútbol base: Ben coñecido
Norte e Sur da Costa da Morte miden o poderío dos seus equipos lanzadeiras. As Eiroas de Carballo presenta un atractivo cruce entre Bergantiños e Dumbría, cos de Diego Lobelos tentando retornar ao primeiro posto perdido sete días atrás. Pola súa banda, Huelvis e os seus Cadetes enfróntanse a un Areosa sen problemas clasificatorios.
Curso de monitor e un pouco de historia
Ademais, a fin de semana vén marcada pola apertura do prazo do novo Curso de Monitor de Fútbol Base en Muros, para o que xa se poden inscribir.
E se queren saber un pouco máis do noso fútbol, non falten á cita co libro da historia do Fútbol da Costa en Camariñas. Chema Rei, e Lema Suárez repasarán as cousas máis singulares dos equipos camariñáns, singularmente, o Camariñas e o Porteño.
Ligas de FS
E saben que xa temos actualizados na nosa plataforma www.futboldacosta.com as Ligas de Fútbol Sala de toda a bisbarra. Esperamos pola de Santa Comba, pero xa seguimos, día a día, as que se celebran pola semana, as de Cee e Carballo, e xa temos tamén as que se disputan o sábado, as de Malpica e Mazaricos emais a de Ponteceso-Corme.
Preferente Norte, xornada 14
Primeira Autonómica, xornada 12
Segunda Autonómica, xornada 12
Terceira Autonómica, xornada 10
Xuvenil - Liga Galega, xornada 12
Bergantiños | 29/11 - 12:00 | Dumbría |
Cadete - División de Honra, xornada 12
Dumbría | 29/11 - 12:00 | Areosa |
Xuvenil - Grupo Sur, xornada 13
Xuvenil - Grupo Norte, xornada 12
Primeira Cadete, xornada 11
Primeira Infantil, xornada 11
AlevínCosta Sur F8, xornada 8
BenxamínCosta Sur F8, xornada 8
Veteranos, 1ª División, xornada 10
Veteranos, 2ª División, xornada 10
Crónicas da semana
- Xuvenís: A 3ª praza en xogo.
- Ligas Galegas: Doble tropezo pero boas sensacións.
- 3ª Autonómica: Un Poroto corcubionés.
- 2ª Autonómica: Só falta o Chiringuito.
- 1ª Autonómica: Os derbis son cousa do Outes<.
- Preferente: Reciprocidade involutiva.
- Unha escola vella e bella.
Novas relacionadas
- Remata o Curso de Monitor de Fútbol Base de Santa Comba e convócase un novo para Muros.
- Grandes nomes na lista de Pichichis das Ligas da Costa.
- TNT Yanki.
Máis información
- Xa temos o cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected]).