luns. 21.07.2025
El tiempo

Montañeses vs Pescos

Montañeses vs Pescos
Os Castriz-Fisterra sempre son partidazos-Foto da 13-14 de Jorge Parri Os Castriz-Fisterra sempre son partidazos-Foto da 13-14 de Jorge Parri

Nova e completa xornada con máis de 100 partidos en xogo, de entre os que sobre sae un deses choques que trascende o deporte e que serve para recordar eses fantásticos alcumes que temos na Costa da Morte.

En todo caso, comezamos o repaso por arriba, na Preferente, onde os nosos seguen con máxima urxencia. O Xallas quere seguir sumando pero recibirá en Fontenla a un dos de arriba o Arzúa. Mentres o Dumbría necesita saír xa do pozo, e ten unha boa ocasión pois se enfronta ante un Sada en zona morna.

Choques complicados pero non imposibles para os nosos equipos na 1ª Autonómica. O líder, o Soneira visita ao Tordoia, e pode ser unha boa ocasión para ampliar vantaxe co Cordeiro, contando con queo Corme vaille dar moita guerra. Os cormeláns veñen en liña de recuperación e son capaces de calquera cousa. Terá o Sofán unha saída, a priori, asequible ante un filial do Bertamiráns que se atopa en descenso. Os de Josito buscan resarcirse da derrota da semana pasada precisamente ante o Cordeiro e así volverse meter na pomada. Non será fácil o choque do Outes en Padrón, como tampouco o será o do Baio, necesitado de sumar de 3 en 3, ante o potente Unión de Asados, outro dos que loita na zona alta.

A xornada na Liga da Costa ten un claro foco de atención. En San Pedro, o "montañés" Castriz recibe ao "pesco" Fisterra, dous equipos dos “7 margníficos” que aspiran a todo. Os dos equipos chegan nun momento doce, e se os xalleiros levan 4 vitorias seguidas, os fisterrán suman xa 7.
Ademais, os outros 5 terán partidos complicados nos que non poden faltar.

Xa na , cando remata a 2ª das 3 voltas, tócalle ao Corcubión enfrontarse a un Camelle capaz de parar a todos. Espera o Laxe, que terá que vencer ao Muxía, un tropezo do líder para achegarse arriba. En Vimianzo, pode ser esta o último tren para o Castrelo, que pasa por gañar ou gañar ao Nantón.

Ligas Galegas

Unha final a que se presenta para o Dumbría na súa visita ao Bora, para manter a máxima categoría. Pola súa parte, os Xuvenís non poden fallar ante O Val para manterse nos postos de privilexio e seguir aspirando a todo.

En Xuvenís, na Liguilla de Ascenso, o Ponteceso e o Cee enfróntanse nun partidazo, para ver quen é realmente a alternativa ao poderoso Xallas.

Ligas de FS

Xa temos actualizados en www.futboldacosta.com os resultados das Ligas de Cee e Carballo, e este sábado retómase a competición en Malpica, Mazaricos e Ponteceso.

Preferente Norte, xornada 23

 

Primeira Autonómica, xornada 21

Segunda Autonómica, xornada 21

Terceira Autonómica, xornada 18

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 21

O Val30/01 -16:30Dumbría

Cadete - División de Honra, xornada 21

Bora031/01 - 12:00Dumbría
 

Xuvenil - Liguilla de Ascenso, xornada 4

 

Xuvenil - Liguilla copeira, xornada 3

 

Primeira Cadete, xornada 19

Primeira Infantil, xornada 19

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 17

BenxamínCosta Sur F8, xornada 17

 

Veteranos, 1ª División, xornada 18

Veteranos, 2ª División, xornada 18

 

Máis información

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios