Muros disfrutará dunha completa fin de semana de fútbol

Esta fin de semana, Muros non dará feito con tanto fútbol. Miraflores e o Xosé Luís Vara Oliveira acollerán sendas citas futboleiras de excepción. Se o campo de Muros acolle unha oportunidade única de ver a un tempo aos 4 equipos muradáns das categorías do fútbol modesto, no marco do Torneo Sorum, en Esteiro arrinca a recta final do 35ª edición do Campionato de Barrios.
XXXV Campionato de Barrios de Esteiro

Esta fin de semana van a disputarse as semifinais da 35ª edición do torneo de fútbol de Esteiro (Muros). O sábado 11 ás 19:00 horas pelexarán por unha praza na final do vindeiro mércores 15 de agosto os equipos Independiente de Uhía e Carallo Santo de Solleiros, clasificados en primeiro e cuarto lugar respectivamente na fase regular do campionato. A outra semifinal xogarase o domingo 13 tamén ás 19:00 h. entre o segundo e o terceiro clasificado, o Ciclons do Maio e Cánchester de Creo.
A final do campionato de Esteiro celébrase sempre o 15 de agosto coincidindo coa celebración das festas do Carme na parroquia de Esteiro. Está confirmada a asistencia no encontro para a entrega de premios, ademais da alcaldesa do concello de Muros –Caridad González Cerviño-, o ebanista local autor do trofeo do campionato, Ramiro García Núñez -Gerente-.
Torneo Sorum

O Torneo de Fútbol Asociación SORUM de Muros enforntará os catro equipos da localidade: SD Esteirana, Muros SD, UD Monte Louro, e Volantes de Baño FC.
O sábado 11 de agosto Miraflores, coma sempre, será un fervedoiro. Disputaranse as semifinais, nos seguinte horario:
- 17:30h: Volantes - Esteirana.
- 19:15h: Monte Louro - Muros.
A finalísima queda para o domingo 12 ás 19:00h.
Homenaxe da SORUM
A entidade organizadora propuxo aos catro equipos de fútbol, que o saque de honra realíceo o presidente fundador do Muros, S.D., Don Eleuterio Balayo, designación que foi aceptada por unanimidade.
Ademais, o vencedor do torneo recibirá o trofeo Asociación Sorum, especialmente deseñado e elaborado por Ramiro García, que será exposto os días previos ao campionato no seu museo dás carrilanas en Esteiro e posteriormente en Muros.
O mellor xogador recibirá unha placa conmemorativa e será elixido polos catro equipos participantes e por Andrés Fernández Vidal, representante da Asociación e durante moitos anos gardameta do Muros, S.D., de entre os xogadores dos dous equipos finalistas.
Máis información
Novas relacionadas
- A Asociación Sorum renova a directiva e xa pensa no Torneo de Fútbol muradán.
- Continúa a Pretemporada con citas históricas.
- Nin a chuvia pode coa multifesta, con sorpresa, do Ézaro.
- As Ligas da Costa comezan o 1 de setembro.
- Corme CF: “O castigo do ascenso”.
- Novos calendarios, unha reunión e unha nova cita da Selección da Costa.
Máis novas
- Lariño disfrutou do fútbol praia e en Esteiro loitan por evitar a Cuchara.
- Un mar de paxión: Periscal e… gol!.
- Vídeoentrevista de Ángel Garrido con Charro.
- Xa temos os 11 ideais QPC do fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).