Murphy e a súa maldita lei

22:02 07/05/17
Desastrosa xornada para os intereses costeiros en Preferente e Primeira, e por ende tamén para os que na Liga da Costa tentan escapar dos arrastres; o único ledo agora mesmo é un San Lorenzo virtualmente subcampión
O Lira regresou á Liga da Costa
O día da nai trouxo un lío pai. Nin o máis pesimista podería imaxinar hai pouco un panorama tan negativo para os intereses do fútbol da Costa, polo menos nos que a supervivencia ou representatitividade se refire. Unha cascada de malos resultados, ligados necesariamente uns con outros, fai que salvo o campionato do Dumbría a Primeira poida ser un 'holocausto', e en consecuencia na Segunda se produzca un barrido terrible.
Desde a Preferente a situación do Soneira é prácticamente calcada á do Sporting de Gijón en Primeira División: o enfermo respira, pero metafóricamente conectado a unha máquina. Son tres xornadas as que lle quedan, tres postos a remontar e un déficit de catro puntos. Todo tería un color e unha sensación diferente de ter feito os deberes na casa ante o Lemos, quen picou un punto do Municipal. Máis intrascendentes foron os contratempos de Xallas e Sofán.
Pasada a resaca da euforia de campionato do Dumbría o certo é que a Primeira é unha dor de cabeza. Confirmado o descenso do Zas, quen curiosamente atopou de novo o camiño do triunfo, está virtualmente feito o do Outes (a permanencia do Soneira podería incluso salvarlle, ou o ascenso do subcampión da categoría). Errou no gran partido da tempada ante un sólido Silleda, que levou premio excesivo. E por estar tranquilo non o está nin un Fisterra que de sentirse salvado pareceu relaxar e deixou ir puntos asequibles. Os verdes deben sumar polo menos un punto na casa no último encontro (Silleda e Val do Ulla enfróntanse entre eles).
E botando esas mesmas contas están un feixe de equipos da Liga da Costa, onde só son seguros os descensos de Porteño, Corcubión e Laxe, e na que Camariñas, Buño, Coristanco e Castriz non saberán da súa sorte nin unha vez rematada a campaña. Descendendo Zas e Outes, o cuarto pola cola tería imposible salvarse. E a dinámica invita ao pesimismo dun Castriz que parece incapaz de sumar. Na zona alta, un San Lorenzo espectacular na segunda volta case asegurou o subcampionato tras superar ao Mazaricos. E á Liga da Costa retorna tamén o Lira, case unha década despois.

PreferenteNorte, xornada 35
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 33
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 33
FasedeAscenso á Liga da Costa, ida das semifinais

LigaGalegaXuvenil, xornada 30
CopadaCosta Xuvenil, ida dos Cuartos

LigaGalegaCadete, xornada 32
CopadaCosta Cadete, ida dos Oitavos

LigaGalega Infantil, xornada 31

1ªInfantil, xornada 31
LigaAlevínNorte, xornada 10
LigaAlevínSur, xornada 26
LigaBenxamínNorte, xornada 10
LigaBenxamínSur, xornada 26
LigaPrebenxamín, xornada 9
LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22
LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.