venres. 02.05.2025
El tiempo

Muxía recoñeceu aos Piratas de Honra da Costa branquiazul

Muxía recoñeceu aos Piratas de Honra da Costa branquiazul
Piratas de Honra en Muxia 2017 Piratas de Honra en Muxia 2017

Celebrou este pasado sábado a Peña Deportivista Piratas de Muxía a súa XXIII Gala dos Piratas de Honra, para recoñecer as labores deportivas dos últimos 3 anos. Unha cita que une deportivismo e Costa da Morte, continuando coa intención de espallar as cores branquiazuis pola bisbarra. Así chegou o bus do Dépor, un dos máis modernos de toda a Liga, ata a Barca, para disfrute dos centos de afeccionados que quixeron sentar nos mesmos asentos nos que cada domingo se suben os Lucas ou Pedro Mosquera.

Foi o 5 herculino precisamente un dos protagonistas da noite, nomeado Pirata de Honra do Deportivismo, recollendo unha das pezas de artesanía realizadas por Viki Rivadulla.

Ademais o xogador branquiazul, os premiados levaron nomes costeiros. Foi o redactor do DXT, Rubén García, o encargado de dirixir a gala, comezando como non, coa lembranza eterna a Abdoulaye, o cadete muxián finado no campo de Arliña hai un par de anos. O seu leva o premio á Base, o Piratiña de Honra-Abdoulaye, que este ano recaeu no Cabana. O presidente Míchel recolleu o premio.

Bus do Depor na Barca O Bus do Depor na Barca

O Laxe recibiu o Pirata de Honra da Costa de Fútbol, como demostración a esa revolución de pasar de ser un dos peores equipos da zona a conseguir un fantástico ascenso á Liga da Costa. Felipe, o seu capitán, recolleu o premio.
Un chanzo máis arriba merece o Muxía CF, que recibiiu o Pirata de Honra do Fútbol, polo seu espectacular crecemento nos últimos anos.

Houbo presencia doble do Fútbol Sala Feminino. Saltou ao estrado Jaime Casais, presidente do FSF Villa de Cee, para recoller o Pirata de Honra a outros deportes. E tamén Luis Sambad, o muxián directivo e ademais do Fisober FSF.

Tamén foi recoñecido Stevo Lema fixo o propio como un dos grandes culpables da revolución do tenis de mesa na bisbarra.

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios