Domingo. 05.05.2024
El tiempo

N552, autoestrada ao ceo

N552, autoestrada ao ceo
Dumbría e Baio venceron e acadaron o título de campións de Primeira e a Liga da Costa respectivamente; na Terceira, o Lira deu un paso de xigante rumbo ao ascenso Ledicia en Baio tras cantar o alirón O Dumbría, rei de Primeira... e dos selfies Hai estradas relacionadas con momentos, feitos históricos ou cunha significación tan especial que o seu propio nome conta unha película. A particular Ruta 66 da Costa da Morte, a N552, pasa esta semana por ser un nexo imaxinario entre as dúas capitais do momento deportivo, e tamén da festa rachada. Eses apenas vinte kilómetros que separan Dumbría e Baio son a distancia tamén entre a sede do campión de Primeira e o da Liga da Costa, dous conxuntos que cumpriron o pronóstico, arrollaron nos seus encontros e celebraron un máis que merecido título. O Conco coronaba a un novo inquilino de Preferente, mentres que no Platas Reinoso o Baio, ao mesmo tempo, tomaba o seu sitio na Primeira. Son moitos os puntos en común entre os dous proxectos, cun punto de partido estival idéntico: recuperarse dun descenso recente. Sen variar demasiado os seus grupos humanos, cunha fiabilidade defensiva sobresaínte e un poderío ofensivo baseado en nomes propios (Adrián e MC deixaron tempadas para o recordo), ambos teñen ido tamén de menos a máis. En común teñen tamén que o tamaño da xesta medra aínda máis en virtude do tamaño das súas víctimas. Atrás quedaron presupostos como os de Cordeiro ou Sigüeiro, na Primeira, ou equipazos como un Corme que parecía invencible. Pero non só de títulos bebeu unha xornada na que a Preferente deixou unha realidade preocupante para o Soneira, quen trala derrota en Lugo caeu de novo a postos de descenso directo. A marxe de maniobra, con tres partidos para o final, é máis que reducida. Xallas e Sofán, pola súa banda, deixaron unha imaxe novamente notable. No reino do Dumbría por abaixo había tamén unha sorte de título en xogo, co derbi entre Outes e Sporting Zas. A goleada non saca a ningún dunha situación de hipotético descenso, pero si aos de Cambeiro cunha moral que permite soñar cun pleno de puntos de aquí ao final, mentres que os de San Andrés quedan feridos de gravedade. O único que non se xogaba nada, o Fisterra, non pudo facer un favor con motivo da visita do Silleda. Tamén na Liga da Costa a loita pola salvación marca outro punto de interese. Descendidos Laxe e Corcubión, o Porteño está tamén virtualmente en Terceira. Para escapar dos arrastres aínda deben sumar Coristanco, Buño e Castriz, mentres que Cee e Baíñas parecen ter feita xa a súa labor. Tamén mirando hacia o subcampionato están San Lorenzo, Mazaricos e Corme. Os dous primeiros veranse as caras a vindeira semana. Para reflexionar foi a goleada (11-2) do Ponteceso a un Laxe para quen as últimas xornadas están a ser todo un sufrimento. No derbi malpicán houbo táboas entre os da capital municipal e o Cerqueda, que queda a tres puntos na táboa e un posto do seu veciño. E no penúltimo partido do curso na Terceira o Lira, cunha afección entregada, deu un paso de xigante rumbo ao ascenso, tras superar ao Ameixenda nunha cita preciosa e de alternativas. Na base, tras un final vibrante, o Cee alzouse co título ante o Outes. O Cee, campión Infantil  

PreferenteNorte, xornada 34

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 32

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 33

 

FasedeAscenso á Liga da Costa, ida das semifinais

LigaGalegaXuvenil, xornada 30

 

CopadaCosta Xuvenil, ida dos Cuartos

LigaGalegaCadete, xornada 31

 

CopadaCosta Cadete, ida dos Oitavos

LigaGalega Infantil, xornada 30

1ªInfantil, xornada 31

LigaAlevínNorte, xornada 9

LigaAlevínSur, xornada 25

LigaBenxamínNorte, xornada 9

LigaBenxamínSur, xornada 25

LigaPrebenxamín, xornada 8

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

     

Comentarios