Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis

Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis
Xogadores do Concello de Zas Aquacenit Jesus Ferreiro Ana Garcia e Stevo

Fin de semana de moi malos resultados para os equipos do Anorthosis Vimianzo. Se ultimamente os equipos da base non gañaban, polo menos facíao o primeiro equipo, pero desta volta, nin iso pois o equipo da 3ª Nacional perdía ante o Oleiros “C”, comandado polos irmáns Doval. Un resultado que fixo xustiza ao visto no ximnasio de Zas, aínda que a balanza poido vir para o lado local pois tanto Miguel coma Gonchu perdian por un apretado 3-2 ante Óscar Doval. Os partidos foron moi disputados e levaron a un encontro con moita duración, máis de tres horas, con puntos moi longos e con fases moi brilantes e vistosas. Con este resultado as espectativas do Anorthosis siguen intactas e permanece no grupo de cabeza pero agora acompañado por máis equipos.

3ª División Nacional, Grupo Norte

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Breogán Oleiros "C" 2- 4 (12-15)

1ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Hípica Coruña 2-4 (8-14)
En 1ª Galega os cambios de xogadores non deron o resultado esperado e só Stevo conseguíu gañar os seus partidos, aínda que Jesús Ferreiro a piques estivo de gañar un dos seus que nos daria un punto, para outra vez será.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Arteal Ventanas "B" - concello de ZAs O PInar 4-2 (12-8)
  • Resultado: Oroso TM Panadería Sigüeiro - Construcciones Cernadas 6-0 (18-0).
  • Resultado: Oroso TM Peluquería Tije - Construcciones Cernadas 5-1 (15-4).

En 2ª galega o Concello de Zas O Pinar despois de pasar por A Coruña para recoller a un dos xogadores e chegar xustiño par o encontro, os xogadores entraron frios nos partidos e perderon con xustiza ante un rival máis débil pero que dou a sorpresa ante os zasences. Notouse a falla de entreno e esperiencia e so Brais foi capaz de gañar os 2 partidos.
Por parte do Construcciones Cernadas nada poideron facer en Oroso con xogadores veteranos e cunha canteira con moito entreno.

Novas relacionadas

Campañas anteriores

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios