Novo pleno de vitorias da familia do Volei Dumbría

Despois da anterior xornada plena de vitorias, os equipos de voleibol da bisbarra non paran volveron a repetir a xesta nesta pasada xornada.

Cadete femenino

  • Resultado: Narón Volea - Voleibol Dumbría 2-3 (25-15 / 16-25 / 25-17 / 20-25 / 7-15)
  • Resultado: San Sadurniño - Voleibol Dumbría 1-3 (25-15 / 6-25 / 8-25 / 12-25)

Aproveitaron as cadetes a viaxe a terras ferrolanas para asegurar a 2ª posición na clasificación con dúas vitorias. Pola mañá, ante o equipo de Narón nun partido cheo de alternativas que se decidiu no tie-break onde as dumbriesas mostraronse máis acertadas no set final. E pola tarde, vitoria ante San Sadurniño no que despois dun 1º set a moi baixo nivel despertaron e acadaron a vitoria nos seguintes tres set de forma fácil baseándose nun potente servicio.

Cadete masculino

  • Resultado: San Sadurniño - Voleibol Dumbría 0-3 (10-25 / 19-25 / 12-25)

Non fallaron os líderes da categoría, e seguen invitos. Vencían noutro partido sen demasiada complicación para o equipo adestrado por Luis Alberto que bota en falta un rival que presente máis batalla para poder competir e mellorar.

Xuvenil masculino

  • Resultado: San Sadurniño - Voleibol Dumbría 0-3 (19-25 / 19-25 / 15-25)

Vitoria dos xuvenís nun partido máis disputado ca o anterior, onde o ataque dumbriés acadou puntos importantes nos momentos decisivos de cada set.

Infantil femenino

  • Resultado: Manuela Rial - Dompa de Ourense 3-0 (25-19 / 25-16 / 25-13).

Vitoria das infantís do Manuela Rial ante o colista da categoría no que vendo a superioridade o adestrador aproveitou para dar xogo as menos habituais.

Pequenos en Noia

Xogouse unha nova xordada a modo concentración en Noia cos seguintes resultados: vitorias dos alevíns ante Noia e Ames; derrotas das alevíns ante Noia e vitorias dun dos equipos benxamíns ante Lousame e Rianxo e derrotas doutro equipo ante Boiro e Rianxo.

Vindeira xornada

Nova xornada o domingo 23 de febreiro:

  • 10:30 h Cadete masculino Voleibol Dumbría - Rianxo.
  • 12:00 h Infantil femenino Manuela Rial - Cambados.

Novas relacionadas

Fonte