Domingo. 05.05.2024
El tiempo

As infantís do Manuela Rial pegan un salto

As infantís do Manuela Rial pegan un salto
As Infantis do Manuela Rial de Cee de Volei deron un paso adiante-Foto-Jorge Parri

De entre todos os partidos da familia do volei costeiro na pasada fin de semana, a máis importante foi a vitoria do equipo infantil do Manuela Rial ante o Noia. O equipo dumbriés fixo un gran partido ante un equipo situado por riba na clasificación, e venceu con solvencia por 3-1 (21-25 / 25-21 / 25-17 / 26-24) nun partido moi disputado.
Comezaba o encontro con moitos fallos por parte do equipo local na liña de saque e na rede o que permitiu o equipo noiés adiantarse no primer set sen facer demasiado. Pero no segundo set, as costeiras correxiron os erros de saque e empezaron a atacar as debilidades do equipo contrario, o que permitiu unha vantaxe comoda que so se viu atacada nun momento de baixon que tivo o equipo, pero que superaron e conseguiron o set. O tercer set foi na mesma dinámica co segundo e o equipo do Manuela foi superior en todo el. No 4º a relaxación do equipo fixo que perdera intensidade e permitiu que o equipo noiés se adiantara faclimnete no marcador ata conseguir unha vantaxe de 15-21. Neste intre cando todo apuntaba a ter que xogar un quinto e definitivo set un par de saques acertados e un par de boas xogadas acercaron o marcador e os nervos apareceron no equipo contrario que permitiu unha remontada e unha vitoria que situa o equipo na 7º posición da Liga Galega.

Menos historia, polo menos no deportivo, ten a derrota do Voleibol Dumbría xuvenil en Vigo ante o CV Vigo por 3-0 (25-10/ 25-13/ 25-17). Por distintas circunstancias de pavillóns anegados na ciudade olívica este partido acabou disputándose ás 23:30h da noite, pero o equipo dumbriés non deu a talla que se exise ante o líder da categoría, que ten xogadores que participan na Superliga (máxima categoria estatal) e perdeu de forma rápida.

Vindeira xornada

Esta fin de semana disputanse 6 encontros:

  • Venres 31:
    - Zonal Cadete femenino en Dumbría: 18:30 h Voleibol Dumbría - Xiria Gestiber;
    - 20:00 h Voleibol Dumbría - Xiria Urbieta.
  • Sábado 1 en Boiro:
    - 10:30 h Infantil femenino Boiro-Manuela Rial e Cadete masculino Boiro - Voleibol Dumbría;
    - 12:00 h Infantil masculino Boiro-Manuela Rial e Xuvenil masculino Boiro - Voleibol Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios