Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Empate nos derbis entre o Volei Dumbría e o Xiria

Empate nos derbis entre o Volei Dumbría e o Xiria
Imaxe do derbi entre Volei Dumbria e Xiria

A xornada para a familia do volei costeira comezou o pasado venres 31 de xaneiro co dobre enfrentamento das cadetes do Voleibol Dumbría contra os dous equipos do Xiria na categoria zonal. Os dous partidos decidironse no 5º set despois de levar ventaxa no marcador as dumbriesas por 2-0. Contra o Xiria Gestiber acabaron perdendo por 2-3 (25-22, 25-21, 21-25, 14-25, 6-15) e contra o Xiria Urbieta acabaron ganando o encontro por 3-2 (28-26, 25-18, 26-28, 21-25, 15-4).

O sabado contra os equipos de Jealsa Boiro Voleibol tamén se deu un reparto de vitorias e derrotas.
Venceron os xuvenís por 2-3 (22-25 / 25-19 / 17-25 / 25-21 / 13-15) nun partido intenso e moi disputado onde as alternativas no marcador foronse sucedendo ata que o equipo do Dumbría apretou e encarrilou o set decisivo. Esta vitoria é importante pola loita pola 4º posto que da acceso a xogar a fase final do campionato galego.

E vitoria fácil dos cadetes do Voleibol Dumbría por 0-3 (14-25 / 18-25 / 17-25) e derrotas do equipo infantil femenino do Manuela Rial por 3-1 (25-12 / 25-21 / 22-25 / 25-15) onde o saque local foi superior a recepción visitante e as do Manuela non puderon desenvolver o seu xogo. E derrota sen paliativos do equipo Infantil masculino do Manuela Rial moi limitado polas lesións por 3-0 ( 25-7 / 25-9 / 25-18)

Vindeira xornada

Este sábado 8 de febreiro reciben os equipos de Ourense na casa:

  • 16:30h:
    - Infantil femenino: Manuela Rial - Ourense.
    - Xuvenil masculino Voleibol Dumbría - Burgas Ourense.
  • 18:00h:
    - Infantil masculino: Manuela Rial - Burgas Ourense.
    - Cadete masculino Voleibol Dumbría- Burgas Ourense.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios