Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Pleno de vitorias na Liga Galega para a familia do Volei Dumbría

Pleno de vitorias na Liga Galega para a familia do Volei Dumbría
Os cadetes do Volei Dumbria volveron ganar

A xornada na liga galega foi completa con catro vitorias da familia do Volei Dumbría ante os equipos de Ourense.

Infantil femenino: Manuela Rial - CV Ourense 3-1 (25-9, 25-5, 23-25, 25-7).
Vitotia fácil do Manuela Rial ante un equipo que non ofreceu moita resistencia a excepción do terceiro set. O equipo do Manuela cun saque certero e superiridade na rede solventou a papeleta sen dificultade.

Xuvenil masculino: Voleibol Dumbría - Burgas Ourense 3-1 (25-17, 21-25, 27-25, 25-17).
vitoria importante dos xuvenis pola loita pola 4º praza que da dereito a disputar a fase final do campionato galego baseada no mellor ataque ante un equipo ourensan que destaca pola súa defensa.

Infantil masculino: Manuela Rial - Burgas Ourense 3-1 (22-25, 25-23, 27-25, 25-18).
Nesta categoria enfrentabanse o 2º e 3º clasificado e despois dun partido moi disputado no que ningún equipo conseguia ventaxas superiores a tres puntos decidianse os sets nos derradeiros puntos onde o acerto do equipo local foi determinante.

Cadete masculino: Voleibol Dumbría- Burgas Ourense 3-0 ( 25-13, 25-15, 25-10).
Vitoria fácil dos cadetes que seguen sen ter demasiada resistencia na maior parte dos partidos.

Pequenos en Noia

Ademais, disputábase este sábado unha nova xornada para os máis pequenos do Manuela Rial en Noia con vitorias dos alevíns ante Ames, vitorias dos benxamíns ante Ames e Boiro e vitoria das alevíns ante Padrón e derrota ante Lousame.

Vindeira xornada

Este sabado os equipos desprazasen cara a zona de ferrolterra.

  • 10:00 h Cadete femenino Naron Volea - Voleibol Dumbría.
  • 16:00 h Cadete femenino San Sadurniño - Voleibol Dumbría.
  • 16:00 h Cadete masculino San Sadurniño - Voleibol Dumbría.
  • 17:30 h Xuvenil masculino San Sadurniño - Voleibol Dumbría.
  • Domingo en Dumbría ás 12.00 h Infantil femenino Manuela Rial- Dompa Ourense.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios